Campionato Galego de Veteráns de Campo a Través
O gran labor organizativa do Club Castro de Lobadiz, que puxo a proba a súa enorme potencialidade, foi decisivo no desenvolvemento do Campionato de Galicia de veteranos de campo a través,
disputado cunha climatologia propia do verán, e un excelente circuíto nas As Cabazas en Covas no concello de Ferrol do agrado dos participantes , . Como xa ben sendo habitual boa participación
especialmente nos homes. Nas mulleres, as vencedoras por categorías foron: Patricia García do Lucus (F35), Sonia Tejeiro do Ourenrunning (F40), Silvia Rodríguez do mesmo club (F45), Olga Prado
tamén do Ourenrunning (F50), Mª Carmen Novo do Fluvial (F55) e Francisca Romasanta do Egovarros (F65). Por equipos clara victoria do Ourenrunning con 16 puntos, seguido do Club Atletismo Sada con
35 e o Ourense Atletismo con 39. Nos homes, os primeiros foron Paolo González do Verxel (M35), Hassan Lehkili do Ourenrnning (M40), Samuel José Veiga do Atletismo Milladoiro (M45), Manuel Vigo do
Universidade de Santiago (M50), Fernando Porto do Monte Segade (M55), Xosé Luis Otero do Universidad de Santiago (M60), Antonio Hernández do Egovarros (M65) e o seu compañeiro de club Antonio
Cabana en M70. Por equipos, os vencedores foron Ourenrunnig (15 puntos), Club Atletismo Sar (32 puntos) e Ria Ferrol (49 puntos) nas categorias M35/40 e Universidade de Santiago (15 puntos), Monte
Segade (33 puntos) e Atletismo Milladoiro (38 puntos) en mais de 45.