Campionato de Espana de 20 Km de Marcha

O domingo día 9 de marzo, no Circuíto do Paseo do Salón, en Granada, disputouse o Campionato de España de 20 Km Hombres Promesa e Absoluto, conxuntamente co Criterium Nacional de Marcha nas probas de 20 Km Mujeres e 10 Km Juvenil/Júnior en ambas as dúas categorias.
A Granada acudiron un total de 10 marchadores galegos con sorte desigual.
A ourensá Lorena Luaces, ausente da actividade durante esta tempada e que volvia á competición tras superar unha lesión, se xogaba a única praza en xogo para formar parte da selección Española de Marcha que acudirá á Copa do Mundo de Taicang, o próximo Maio. O seu principal rival era a Granadina Ainhoa Pinedo. Lorena tras ir realizando unha intelixente competición, mantendo permanentemente un man a man con Ainhoa, se retiraria a falta de só tres voltas para ao final, o que lamentablemente lle deixa fóra da selección española para China. A pontevedresa Eva Iglesias, finalizaria a proba en 1.40.44.
A proba do 20 Km homes, campionato de España da especialidade, tras os 35 km celebrados en Murcia, contaba cos mellores especialistas que se xogaban catro prazas para a Copa do Mundo. Na saída podiamos ver aos galegos Francisco Durán, e aos celestes Christian Curopos, e o veterano Manuel Angueira.
Correcta actuación de Fran, que se mantivo no amplo grupo de cabeza, durante gran parte da proba, chegando mesmo a encabezala nalgúns momentos. No ecuador desta., os favoritos que se xogaban as prazas para China, incrementaron o ritmo, estirando o grupo, quedando Fran Durán nunha posición máis atrasado, pero de acordo ás súas marcas. Finalmente terminaria noveno cun rexistro de 1.28.51., en cuarta posición da súa categoría, a un chanzo do bronce. Christian Curopos seria oitavo da categoría promesa. Manuel Angueira terminaria cunha marca de 1.44.48.

No Criterium tomaron parte dos 10 Km. cunha boa actuación Daniel Chamosa del Comesaña que realizo un rexistro de 46.13 e sexta posición.
A pueba de mulleres foi a mais numerosa de presenza galega con catro atletas en linea a de saída, sendo Mar Chillon, do Vila de Cangas quinta con 51.31; Carmen Fuentes del Comesaña, oitava con 53.10; Marisol Diz del Bidezabal, novena con 54.25, sendo descalifica Carmen Escariz Resultados

Compartir: