Xuíces e atletas comparten coñecementos mañá sábado ás 10:30 horas en Santiago
Interesante e novidosa iniciativa a promovida polo Club Millaraio, froito da
súa conciencia en educar aos nenos a través do deporte, ademais de mellorar o seu desenvolvemento motor, organizará mañá sábado nas pistas de atletismo da Universidade de Santiago unha xornada de
formación na que actuarán xuíces do Comité Galego de Xuíces. Os xuíces amosarán os numerosos cativos da escola de atletismo deste club os aspectos básicos reglamentarios co fin de que coñezan o uso
da pista de atletismo e a normativa de competición. Os atletas poderán así resolver cantas dúbidas teñan sobre o regulamento. Dende a FGA desexamos felicitar ao Club Millaraio por esta importante
iniciativa de promover o xogo limpio e inculcar os valores educativos do deporte.