Amplia representación galega a que se desplazará até Valencia para disputar o Campionato Nacional de Pista Cuberta Xuvenil. Un total de 31 atletas (18 homes e 13 mulleres) con grandes posibilidades de medallas nunha boa parte de eles. A priori os que teñen maiores posibilidades son a monfortina Saleta Fernández en altura e a tudense Uxía Pérez nos 3000 sen esquecer a Miguel González e Tariku Novales tamén nesa proba ou Claudia Rojo e Dario Costas nas combinadas, pentalón e heptalón respectivamente. Os 60m masculinos serán os que contan con unha maior participación galega con un total de 5 (Héctor Rivas, Angel Vargas, Fran Rodríguez, Daniel González e Javier García), os 200 masculino con 3 (Angel Vargas e Hector Rivas que doblan proba e Damián Picouto) e os 800 (Ivo Maseda, Sergio González, Adrián Ben e Noel Soto nos homes e Angela González, Nerea Martínez e Laura Santos nas mulleres). Os outros representantes son Alfonso Pérez nos 400, Ivo Maseda inscrito tamén nos 1500 e 3000, Adrián Lago e Jorge Puig nos 1500, Adrián Ben tamén nos 1500, Francisco Michinel no peso, Laura Chapela nos 200, Noa Rouco nos 400, Ana García nos 1500, Paula Iglesias na altura e 60m valados, Elvira Okutu e Iria Forján na lonxitude e Gracia Rey no triple. En resumo, cantidade e calidade que de seguro nos darán moitos satisfaccións.