Resultados

Campionato do mundo de discapacitados intelectuais: Francisco Pérez Carreira, dobre campión en 60m valados e pértiga

O Campionato do mundo de atletismo en pista cuberta para discapacitados intelectuais celebrouse na cidade francesa de Reims do 28 de febreiro ao 2 de marzo, e nel participou o céltico Francisco Pérez Carreira, formando parte da selección española.
Fran Pérez proclamouse campión nas modalidades de 60 metros valados e salto con pértiga, ademais de conseguir a prata non relevos de España de 4x200m. Recibiu ademais un trofeo como recoñecemento á súa actuación no campionato. Resultados

Compartir: