Resultados

Atletas e clubes galegos no Nacional de Lanzamentos Longos e no Nacional de Campo a través

Ademais dos campionatos galegos benxamín, alevín e infantil e de veteráns de pista cuberta, a atención do fin de semana debe prestarse en León no IV Campionato de España de Lanzamentos Longos e en Marina DO Oropesa no XLIX Campionato de España de campo a través por clubes donde teremos unha gran representación galega. A destacar a participación no primeiro caso de Victor Gallego, Frank Casañas, Belén Toimil e Mercedes de Santaló no disco, Isaac Vicente e Pablo Denis en martelo, José Manuel Vila, Borja Barbeito e Lidia Parada en xavalina.

No campo a través numerosa tamén a participación de clubes e atletos galegos: Atlética Val Miñor e Atletismo Noia en cadete masculino, Atlética Val Miñor e Lucus en xuvenil masculino, San Paio A Estrada, Atletismo Negreira e Comesaña en junior masculino, Comesaña en promesa masculino e o R.C Celta e Sociedade Gimnástica de Pontevedra no cross corto. En canto as mulleres, Atlética Val Miñor en cadete, xuvenil, junior e cross corto. No cadete estarán tamén o equipo do Ría Ferrol mentres que en junior o do Comesaña. Finalmente, no absoluto ademais do Comesaña estarán Solange Pereira e Paula Mayobre como integrantes do Bikila.

Compartir: