A Coruña tomaba o relevo á cidade de Albacete como sede do Campionato de España de Media Maratón Absoluto e de Veteranos así como a sexta edición da Media Maratón A Coruña 21, que despois de albergar a tempada pasada o Campionato de España de Maratón parece non defraudar en canto a organización, participación e rexistros dos atletas que se dan cita na cidade herculina. O escenario cambiaba respecto ao Campionato do ano pasado pero de novo os protagonistas foron, entre moitos outros, Ayad Lamdassem e Alessandra Aguilar, atleta lucense do Club Seoane Pampin. RESULTADOS: Campionato España Absoluto – Campionato de España Veterans – Coruña 21 . (Crónica de Elena González)
A organización, Concello, Federación Galega, Federación Española e Clubs da Cidade envorcáronse nunha competición que se iniciou ás 10 da mañá con boa temperatura pero con bastante vento nalgunhas
zonas, o circuíto rápido cunha primeira volta de 7 km para a continuación desviarse cara ao paseo marítimo de Riazor. A saída nos cantóns con numeroso público e gran número de voluntarios achegados
polos clubs Marineda Atlético, Club Coruña Comarca e Riazor Coruña así como polo Concello da Coruña. Éxito de inscricións en canto ás edicións pasadas de Coruña 21 e marcas destacadas tendo en
conta o vento que soprou nalgunhas zonas principalmente en Riazor e a zona de Oza. Pistoletazo de saída e protagonismos dende o inicio dos homes do Bikila, entre eles varios dos Campións de Europa
de cross por clubs hai apenas vinte días en Albufeira (Portugal) como Javier Guerra ,Ayad Lamdassem e Jesús Antonio Núñez entre as mulleres a favorita a revalidar o título de Campioa de España a
atleta 34 veces internacional, Alessandra Aguilar, olímpica en Pekin e en Londres 2012 en maratón, os seus rivais máis fortes na proba a priori Salima Charki e Marta EstebanEn canto aos atletas
galegos con Yolanda Gútierrez recuperándose de problemas físicos pero situada en liña de saída curiosidade por ver o rendemento da atleta de Ares, Paula Mayobre subcampiona Galega de Cross hai unha
semana en Negreira e por suposto en homes, o atleta adestrado por Santiago Saco, Alejandro Fernández del New Balance Team. De inicio co aliciente de xogarse o billete para o Campionato do Mundo de
Media Maratón a celebrarse en marzo en Copenhaguen as lebres impoñen o ritmo marcado levándose tras de si a Guerra, Lamdassem e Nuñez os tres atletas do Club Atletismo Bikila. Pola súa banda sen a
que podería ser o seu maior rival, Vanessa Veiga, a lucense Alessandra Aguilar corre a un ritmo por debaixo de 3.30 co obxectivo de lograr a vitoria e un gran rexistro.
No quilómetro 7 o ourensán Alejandro Fernández aguanta co grupo de cabeza a tan só uns metros acompañado de Rafael Iglesias do C. A Adidas, por detrás outros atletas destacados como Pablo
Villalobos, Marc Roig ou Diego Tamayo, o segundo dos atletas galegos é o combativo Rubén Diz que tras anos afastado da competición volve demostrar a súa capacidade para defenderse en cross e ruta.
En mulleres eran dúas atletas marroquís Salima Charki e Kaoutar Boulaid as que intentaban recortar distancia a Alessandra Aguilar que pasaba o quilómetro 7 en 23.47 con tan só seis segundos de
vantaxe sobre os seus rivais. A zona con maior problema para os preto de 2000 participantes encontrábase a partir do quilómetro 8 no que se dirixían cara á zona do paseo marítimo, xiraban tras un
pequeno pendente na zona da Casa dos Peixes para volver polo mesmo paseo en dirección contraria. Xa sen lebres é Javier Guerra quen tira da carreira seguido soamente por Ayad Lamdassem, enfróntanse
o Campión de España de medio maratón e o Campión de España de Maratón da tempada pasada. Gratos recordos neste circuíto para Guerra onde logrou a vitoria cunha gran regístro no seu debut con
2.12.21 por diante do compostelán Pedro Nimo. Momento complicado para Alejandro Fernández que aínda seguindo a un excelente ritmo lle toca enfrontarse aos últimos 7 quilómetros en solitario xa que
Núñez e Rafael Iglesias, terceiro e cuarto van tomando uns metros de vantaxe. En mulleres a disputa polo podio do Campionato de España coa solidez de Alessandra Aguilar parece estar entre Verónica
Pérez, Raquel Gómez e Marta Esteban xa que son as atletas que van por detrás das dúas marroquís. Paula Mayobre pasa o quilómetro 10 aproximadamente en 36.28 a ritmos por debaixo de 3.40 sendo a
segunda atleta galega, pola súa banda Yolanda Gutiérrez e Sara Pérez del Comesaña serán outras atletas destacadas do noso atletismo. A carreira en categoría masculina decídese no último quilómetro
onde Ayad Lamdassem logra unha pequena vantaxe sobre Javier Guerra a ritmos en moitos momentos do circuíto por debaixo de 3 minutos o quilómetro estes atletas perseguen un gran rexistro que se ve
referendado en meta coa vitoria de Lamdassem con 1.02.57 seguido do seu compañeiro de equipo Javier Guerra con 1.03.59. Máis disputada sería a terceira posición que lograba consolidando o triplete
do Club Atletismo Bikila Jesús Antonio Núñez con 1.04.29, Alejandro Fernández sufrindo ata o último metro lograba marca persoal e o quinto posto con 1.04.46. Outros atletas galegos destacados foron
Rubén Diz con 1.09.10, José Manuel Vieiro con 1.09.12, Uxio Abuin con 1.09.22 e Robertas Geralavicius con 1.09.30. Subirían ao podio do Campionato de España de veteranos Elías Domínguez del New
Balance Team, José Manuel Fernández del Club Atletas Veteranos de Ourense e Miguel Fernández del Real Club Celta. En mulleres espectacular o rexistro de Alessandra Aguilar con 1.11.16 logrando a
clasificación para o mundial, medalla de prata no Campionato de España para Verónica Pérez con 1.14.02 e bronce Raquel Gómez con 1.14.28. En canto á participación galega Paula Mayobre del Atletismo
Bikila lograba 1.18.59 sufrindo ata cruzar a meta demostrando unha vez máis a súa capacidade de sacrificio, subirían ao podio nas diferentes categorías de veteranas as atletas galegas Teresa Corral
del Atletismo Monte Segade, Esther Pedrosa del Universidad de Santiago e Loli García del Atletismo Femenino Celta.
En resumo a cidade herculina volveu acoller unha proba de gran calidade con rexistros importantes o que demostra que é un bo circuíto e onde unha vez máis o público e afeccionados puideron gozar dun Campionato de España en ruta cos mellores atletas do panorama nacional acompañados de numerosos atletas populares.