Excelente a actuación dos atletas galegos no Campionato de España de Pista Cuberta celebrado en Sabadell. Dous ouros e tres platas as que hai que engadir 3 novos records. Salientar a medalla da atleta do Coruña Comarca Patricia Carballo que aínda en idade junior conseguiu borrar das estadísticas o record galego absoluto de 200m é por partida doble. Nas eliminatorias, paraba o crono en 24.51 millorando o rexistro anterior de Cristina Veiga e na final marcaba eses 24.36 que lle permitían subir o pódium por primeira vez nun campeonato absoluto. Outra atleta que nunca defrauda é Ana Peleteiro que si hai poucos días batía o record galego absoluto de 60m esta vez no triple salto, con un concurso moi regular, chegaba ata 13.91 o que lle valía a medalla de ouro e novo record. O outro ouro veu da man de Jean Marie Okutu con un millor salto de 7.81 e novo record galego en pista cuberta. Ademais o de Marín meteuse na final dos 60 e acadou a sua millor marca persoal con 6.91. Completaronse as medallas coas duas platas de Solange Pereira nos 1500 con unha excelente marca de 4.15.17 e a de Belén Toimil no peso con 15.10, cerca do récord de Anxeles Barreiro.
Nos 1500 moi boa tamén a participación de unha sempre combativa Leticia Fernández do Ria Ferrol coa cuarta posición e 4.25.59. Octava posición tamén no peso para a Eva Costas do Atletismo Femenino
Celta con 13.24.
Completouse a actuación galega o atleta da SGP Iván Rodriguez que con un millor salto de 6.79 estivo lonxe da sua actuación do campeonato de España promesa, Leticia Gil con 5.77 en lonxitude e
David Barreira na altura con 2.05 ámbolos dous do ADAS. Bon comportamento o de Saleta Fernández con 1.72 na altura. Os pertiguistas Beatriz Viteri do Atletismo Femenino Celta (3.75MMP) e Luis Moro
(5.05) foron os outros representantes nos saltos verticais. Lamentar o concurso de Alfonso Palomanes que despois de dous nulos arriscou no terceiro pero no foron suficientes para loitar polas
medallas.
En carreiras, Carlos Moro 22.58 nas eliminatorias dos 200m, Yuliana Velásquez (2.14.03) na semifinal dos 800m e Begoña Garrido (57.17) e Paula Ferreiros (56.59) nos 400m. Finalmente, Santi Ferrer
moi perto dos 5000puntos no heptalón millor marca persoal.