Resultados

A selección galega escolar ás portas do podium. Dous 4º postos por seleccións e un fantástico bronce para Uxía Perez Bugarín

No circuito do Parte Natural El Soto en Móstoles tivo lugar esta mañá o Campionato de España de campo a través escolar e universitario. Nun circuito moi rápido e cun percorrido de terra dura a selección galega quedou a tan só uns poucos puntos de subir ao podium en dúas ocasións. A título individual os millores clasificados da selección galega nas distintas carreiras foron: Pablo Monteguado na carreira cadete masculina en 29º lugar, Lucía Suárez de 21º na categoría cadete feminina, Miguel Gonzalez Carballada nun excelente 4º posto na categoría xuvenil masculina e a fantástica actuación de Uxía Pérez Bugarín acadando a 3ª posición na carreira xuvenil. Por equipos Galicia finalmente rematou nos seguintes postos: 9ª posición (cadete masculina), 5ª posición (cadete feminina), 4º posición xuvenil masculino e 4ª xuvenil feminino. (Resultados)

Compartir: