Gran nivel nas probas do galego absoluto de lanzamentos longos de invernoque se disputou na cidade de Lugo, cunha nutrida participación dos mellores especialistas galegos das
distintas disciplinas.
Na proba de lanzamento de martelo, o gañador foi o Campeón de España da disciplia, o atleta Isaac Vicente (A.D Maratón), que logrou o título cun mellor lanzamento de 66.28 metros, seguido do seu
compañeiro de equipo Pablo Denís, que facía 61.31 metros. O tercer escalafón do podium foi a parar o atleta do Barco de Valdeorras Carlos Revuelta (Huracan Fent Cami), que lograba un lanzamento de
53.30 metros.

A atleta de Femenino Celta, Sara Arosa lograba o título de campeona galega cun lanzamento de 44.84 metros, mentras a segunda e terceira posición eran para Noelia Ferradanes (Femenino Celta) e
Loreto Brea (Ria de Ferrol) respectivamente.
Xa na proba de lanzamento de xabalina, o triunfo foi a parar o atleta local José Manuel Vila (Playas de Castellón), no que era o seu regreso a competición. Vila lograba un meritorio lanzamento de
71.87 metros que lle servían para proclamarse campeón galego. Segundo era o seu compañeiro de equipo Borja Barbeito con 70.18 e terceiro o veterano atleta de O Barco, Luis Nogueira con 53.65
metros.
Na proba femenina, victoria para Lidia Parada (Atlética Barbanza) con 50.40 metros, por diante de María Angeles Filgueira (S.G. Pontevedra) que facía un lanzamento de 36.26 e de Natalia Liste (Ria
de Ferrol), que lograba unha marca de 35.08 metros.
No lanzamento de disco, o triunfo foi a parar para o olímpico Frank Casañas (Playas de Castellón), que lograba unha marca de 59.74 metros no seu debut da temporada. Tamén a gran nivel estivo Victor
Gallego (S.G. Pontevedra) que lograba o subcampeonato cunha marca de 53.80 metros. A terceira posición era para o tamén atleta da Gimnástica de Ponvedra, Martín Brea, que lograba un rexistro de
44.17 metros.
Por último, entre as féminas a mellor a local Mercedes de Santaló (Playas de Castellón), que diante da súa afición lograba o título autonómico cun lanzamento de 46.05 metros. Segunda foi Lidia
Fernández (Ria de Ferrol), que lograba 37.73 metros e terceira Ana Raquel (Femenino Celta), que facía 37.49 metros. (Resultados)