Resultados

Pedro Nimo e Solange Pereira revalidan o seu título de campións galegos de campo a través

Fantástica mañán de cross en Negreira na que Pedro Nimo e Solange Pereira revalidaron os seus títulos de campións galegos. O tempo respetou o gran esforzo realizado sobre o circuito polo Concello de Negreira, volcado dende o primeiro momento coa celebración de este campionato. Despois das probas de categorías de menores as 11.10 dábase a saída a proba junior femenina con a atleta do Comesaña Carmela Cardama como clara vencedora o que ven a refrendar o seu bon estado de forma. Na mesma categoría en homes victoria clara tamén para Ero Doce, do Ría Ferrol. Por equipos, victoria para o Comesaña en mulleres e C.A. Santiago en homes. As 12.15, dábase a saída conxunta senior-promesa mulleres con Paula Mayobre e Solange Pereira, ámbalas duas do Bikila comandando a proba. Xa na metade da proba, Solange distanciouse uns metros que serían suficientes para proclamarse unha vez mais campiona galega de campo a través. Victoria para Jenny Fernández da Sociedad Atlética Val Miñor en promesas. Por volta, da unha do mediodía dábase a saída a última proba senior-promesa a mais numerosa como xa ven sendo costume. E tamén unha vez mais, Pedro Nimo demostrou que non ten rivais neste tipo de terreo e con este consigue o seu sexto título de campión galego absoluto. O campión galego promesa foi Gonzalo Basconcelo do R.C. Celta. Victoria por equipos para a Atlética Val Miñor en mulleres e o Comesaña en homes na categoría promesa. Na categoría absoluta victoria tamén indiscutible para o Comesaña e Sociedade Gimnástica de Pontevedra en homes e mulleres, respectivamente.

Compartir: