. O concelleiro presentou as novidades das citas deportivas Coruña21, Coruña42 e Coruña10
. Mañá celébrase unha clase mestra dos atletas Yolanda Gutiérrez e Andrés Díaz dirixida a corredores populares, previa ao Campionato de España de medio maratón Coruña21
A Coruña, 14 de febreiro de 2014. – O
concelleiro de Deportes, Francisco Mourelo, participou esta mañá na presentación das probas Coruña21, Coruña42 e Coruña10. Ao acto tamén asistiron Pati Blanco, director de relacións externas Del
corte Inglés; Madó González, directora técnica da Federación Galega de Atletismo; e Andrés Díaz, recordman de Europa en 1.500 metros pista cuberta. (ir a noticia completa)
“Unha vez máis El Corte Inglés une o seu esforzo ao do Concello nunha firme aposta polo deporte, tanto a nivel profesional como afeccionado”, asegurou Mourelo, quen agradeceu a Pati Blanco a
renovación do patrocinio nestas tres importantes probas nacionais.
“Este Goberno local ten un claro compromiso coa promoción do deporte e dos hábitos de vida saudables. E facémolo, por unha parte, apoiando e impulsando grandes eventos de elite e, por outra,
potenciando actividades populares que sirvan para sumar a todos os cidadáns”, sinalou o concelleiro.
Neste sentido, Mourelo informou de que a cidade acollerá o Campionato de España de Media Maratón, o próximo 23 de febreiro coincidindo coa celebración da VI Coruña21; o 27 de abril será a quenda do
III Maratón Atlántico Coruña 42; e o 5 de outubro a VIII Coruña10: “Conseguimos que estas probas que eran ineludibles no calendario deportivo da cidade, o sexan tamén a nivel nacional”, destacou o
concelleiro e engadiu: Trátase de probas moi atractivas para os atletas polos propios trazados que ao ser planos son propicios para grandes marcas, pero tamén polos altos estándares de
sostibilidade que estamos a alcanzar e polo gran nivel de participación e de implicación da cidadanía”.
O responsable de Deportes recordou que dende a primeira celebración de cada unha destas tres probas, Coruña10 logrou multiplicar por 16 o número de inscritos, mentres que Coruña 21 pasou de 863 a
1.215, e Coruña 42 se mantén nunha media de 2.000 participantes.
Tal e como indicou Mourelo, a aposta por este tipo de eventos de atletismo combínase coa promoción das carreiras populares a través de iniciativas como a II edición de Coruña Corre, a San
Silvestre, a Carreira da Muller, ou as Running Series: “O circuíto de Coruña Corre resultou unha experiencia moi positiva, xa que este ano temos 1.000 corredores máis que na primeira edición, unha
maior participación feminina (pasouse do 13 ao 25%) e o dobre de familias (80). Ademais, logramos a implicación dos clubs e as asociacións veciñais, co que ademais de fomentar a práctica deportiva,
conseguimos dinamizar os barrios,”. O concelleiro recordou que se trata dun circuíto ideal para os que se queren iniciar no running porque é moi alcanzable para principiantes, con percorridos de
entre 5 e 8 quilómetros
O concelleiro informou de que non só estase a notar un incremento da práctica do running a nivel afeccionado, senón que os propios clubs de atletismo están a ver como este ano se duplicou o número
de nenos e nenas inscritos “o que nos axudará a formar os atletas do futuro”.
CLASE MESTRA
Co obxectivo de manter vivo este binomio entre deporte de elite e popular, o Concello da Coruña volve apostar pola realización de actividades paralelas ás probas de carácter nacional. Deste modo,
mañá sábado 15 de febreiro, prográmase unha clase mestra dos deportistas Yolanda Gutiérrez (gañadora en 2010, 2011 e 2ª na pasada edición da Media Maratón) e Andrés Díaz (recordman europeo de 1.500
metros lisos en pista cuberta europeo), na que impartirán un adestramento gratuíto orientado a todos os corredores populares.
A cita será ás 10.30 horas na praza da Cubela e nela os dous atletas compartirán tanto a súa experiencia coma claves para mellorar a técnica, trucos sobre estiramentos, tipos de zancada e pisada,
dunha forma amena. O obxectivo é unir afeccionadas e profesionais nunha gran festa deportiva e ofrecer aos afeccionados unha oportunidade inigualable de aprender dos mellores. Os interesados
deberán enviar un correo electrónico a carreraspopulares@coruna.es.