Saltar ao contido
Arquivo

A Sociedade Atlética Val Miñor, 6º posto continental na 51 Copa de Europa de Campo a Través por Clubs.

A Sociedade Atlética Val Miñor clasificouse nunha magnífica 6ª posición
europea na 51 edición da Copa de Europa de Campo a Través por Clubs, en categoría júnior feminina, disputado o domingo 2 de febreiro na localidade portuguesa de Albufeira. O equipo, formado polas
atletas Eva Cid (18ª), Laura Méndez (30ª), Laura Soto (31ª) e Carla Caride (40ª) foi representando a España na devandita competición, sendo o único equipo da mencionada categoría a nivel nacional
que, ademais, contaba co hándicap de non levar un equipo júnior ao completo, pois as atletas Laura Méndez e Laura Soto, aínda se encontran en idade xuvenil. Sen dúbida, grande éxito deportivo das
mencionadas deportistas, dos seus adestradores Pablo Lacaci e Oliva Román, adestradora de Eva Cid, e, como non, da Sociedade Atlética Val Miñor a quen este resultado lle serve de estímulo para
continuar o extraordinario traballo que dende hai uns anos vén realizando cos máis do centenar de deportistas do club das distintas categorías.

noticias
Compartir