Resultados

Un ouro, duas platas e dous bronces no campionato de España Promesa. Novo record galego de Belén Toimil!

A medalla de plata acadada onte por Iván Rodríguez temos que engadir catro mais conseguidas na xornada dominical do Campionato de España Promesa que se celebrou na pista cuberta de Antequera. Ouro, unha vez mais para Belén Toimil no peso con un mellor lanzamento de 15.24, establecendo un novo record galego promesa de pista cuberta, o seu anterior rexistro era de 15.14; a outra plata foi para a atleta do Ria de Ferrol Leticia Fernández nos 1500 con un rexistro de 4.28.25 e os bronces para Paula Ferreiros do Lucus nos 400m con 56.92 e o céltico Carlos Porto nos 1500 con 4.02.62. A estas medallas hai que sumar tamén as magníficas actuacións de outros galegos como David Barreira do ADAS outra vez por encima dos 2m na altura que con 2.05 foi cuarto, Carlos Moro do Riazor que na final dos 200 foi quinto con 22.24 e Yuliana Veslásquez quinta tamén na final dos 800m e Sergio Telleria do R.C. Celta sexto na pértega con 4.61. Actuaccion Galega

(Madó González)

Compartir: