Campionato Galego Cadete en pista cuberta

Unha vez finalizado o prazo de inscricións para os Campionatos Galegos da categoria cadete a celebrar no Pazo dos Deportes da Coruña, o sábado dia 9 e unha vez revisadas as marcas pola dirección técnica da FGA ,comunicamos o listado de admitidos así como os atletas que se encontran en lista de espera e a modificación ao horario da competición
Agradeceriamos a todos os atletas admitidos e que non se presenten á competición comuníqueno ao correo electrónico direcciontecnica@fgatletismo.com ata as 14,00 horas do venres, para poder repescar os atletas que se encontran en lista de espera.
Recordamos que o art9) da circular do campionato indica que cada atleta só poderá participar nun maximo tres probas coas seguintes condicións: Dúas carreiras sen superar os 300 metros + concurso, tres concursos ou unha carreira e dous concursos
As cadencias en saltos serán as seguintes:
Pertega masculina: 2.11-2.31-2.51-2.71 (10/10)
Pertega feminina: 1.81-2.01-2.21 (10/10)
Altura masculina: 1.20-1.25-1.30 (3/3)
Altura feminina: 1.20-1.25-1.30 (3/3)
HorarioListado de inscritos definitivo

Compartir: