Campionato Galego Absoluto, Promesa e Junior de Campo a Través

O Concello de Negreira acollerá o domingo 16 de febreiro o Campionato Galego Junior, Promesa e Absoluto de Campo a Través individual e por equipos. Nun importante esforzo por organizar en pouco tempo este Campionato no cal participarán os mellores especialistas de Cross da Comunidade, o Concello dará a oportunidade as categorías escolares (de benxamín a xuvenil) de participar tamén neste cross con probas que darán comenzo as 10:00 horas e que terán o seguinte horario:

10:00 h benxamín-alevín homes 1000 m aprox
10:15 h benxamín-alevín mulleres 1000 m aprox
10:30 h infantil homes-mulleres 2000 m aprox
10:50 h cadete-xuvenil homes-mulleres 3000 m aprox
11:10 h junior mulleres 5000 m aprox
11:40 h junior homes 7000 m aprox
12:15 h senior-promesa mulleres 7000 m aprox
13:00 h senior promesa homes 11000 m aprox

As inscricións das categorías junior en adiante realizaranse a través da intranet da RFEA http://isis.rfea.es/sirfea2/ ata o vindeiro martes 11 de febreiro ás 20 horas.
Para a inscrición das categorías escolares habilitarase un formulario na web www.fgatletismo.es/santiago a partir do mércores 5 de febreiro ás 20 horas e ata o mércores 12 de febreiro ás 22 horas Circular

Compartir: