Resultados

Jean Marie Okutu record galego de 50m con 5.90

Fantástico o campionato Galego Absoluto e Promesa de Pista Cuberta celebrado o pasado domingo nas pistas do Palacio de Deportes de Riazor. Nelas puidemos disfrutar de unha competición con probas de gran rivalidad e unha boa participación na maior parte de elas. Destacar por enriba de todo a Jean Marie Okutu quen despois de vencer claramente na lonxitude bateu o record dos 50m con un rexistro de 5.90. O marinense impuxose na final a algúns dos millores velocistas galegos do momento como Mauro Triana (6.08) e Iván Rodriguez da SGP (6.14), primer promesa. Outro home destacado foi o tamén marinense Victor Riobó que coa sua veteranía e experiencia en este tipo de carreiras logrou vencer nos 400 (52.05), 800 (1.55.47) e 1500 (4.04.46).

Fantástica tamén a final dos 200m con podium local. O novo campión galego absoluto e promesa foi Carlos Moro do Riazor con uns excelentes 22.42 seguido dos homes do Coruña Comarca Sergio Rodríguez con 22.59, millorando o seu rexistro do ano pasado que lle valera para ser o gañador e Mauro Triana con 22.64. Nos 3000m os xovencísimos Tariku Novales, do Atletismo Noia e Miguel González, do Lucus mostraron unha vez mais a sua calidade e, sobre todo ,a sua valentía comandando a proba de principio a fin ante rivais mais veteranos. Finalmente, foi Miguel González o novo campión galego absoluto con uns fantásticos 8.40.01 e 8.40.90 de Tariku. Na proba de altura, maila non superarse a barreira dos dous metros poidemos ver unha boa competición entre David Barriera do ADAS (1ª promesa) e outra das promesas do atletismo galego Dario Costas da SGP sobre 1.94. Nas mulleres salientar a actuación da velocista do Coruña Comarca na final dos 200m con 25.41, a promesa Leticia Fernández que comandou a proba dos 800m dende o principio ao fin para finalizar con 2.11.55, Leticia Gil no salto de lonxitude con 5.67, Belén Tomil con 14.96 no lanzamento de peso e finalmente, a proba dos 3000 con unha bravísima Esther Navarrete quen impuxo un forte ritmo dende o principio e que tan só o final conseguiu distanciarse uns metros da junior Carmela Cardama. As duas por debaixo dos 10minutos (9.50.92 e 9.51.39).
Excelente, polo tanto, o campionato que é a antesala dos campionatos por categorías que se celebrarán nos vindeiros fins de semana.

Compartir: