Resultados

Campionato Galego de Cross curto por clubs, Campionato Galego Cadete e Xuvenil de Cross e Memorial Alejandro Lorenzo

Hoxe disputouse en en Friol o VII Campionato de Galicia de Campo a Través Corto por clubs así como o Cadete e Xuvenil, individual e por equipos, coincidindo co XVIII Memorial Alejandro Lorenzo. Nun circuíto situado na parroquia de Prado totalmente visible para o público e de excelente trazado, presenciouse cunha climatoloxía de permanente ameaza de chuvia, un grande espectáculo de cross en estado puro.
A Sociedade Ximnástica de Pontevedra, en categoría masculina, e o Comesaña Sporting Club na feminina obtiveron o título por clubs. Esta vitoria asegúralles a súa participación no nacional por equipos en Mariña Oropesa (Castellon) o próximo 2 de marzo. Pero sobre todo se evidencio a gran canteira que posúe o atletismo galego nesta bonita e difícil disciplina que tantos éxitos históricos obtivo.
A xornada iniciouse ás 10,30 horas coas carreiras reservadas ás categorías inferiores. Foron os benxamíns sobre unha distancia de 800 metros que comezaron. Na proba feminina triunfo para Xela Martínez de la Atlética Lucense, secundada nun emocionante final por Sonia Rivadulla del Atletismo Estrada e Aroa González del Ourense atletismo que entraron moi emparelladas.
Minutos máis tarde se deu a saída á mesma categoría masculina. Novamente grande igualdade na chegada. Victoria para para Hugo Alonso do ADÍES seguido de Sergio Prieto del Atletismo Estrada e de Joel López del Franciscanos de Lugo, con 9 segundos de diferenza en relación ao vencedor.
As alevines tiveron que afrontar un percorrido de 1475 metros. Carreira en grupo das favoritas ata o tramo final no que se distancio lixeiramente Belén García do ADAS, seguida a moi poucos metros de Lola Bouza del Beade e de Carmen González del Franciscanos de Lugo.
Na carreira alevin masculina comprobouse o gran talento do representante do Club Atletismo Negreira Salamanca Loutfi que gaño con grande autoridade. A oito segundos entro Sergio Souto, secundado por Abel Domínguez, ambos os dous da Atlética Val Miñor

Ás 11,15 horas iniciouse a proba infantil feminina. O horario cumpríase coa máxima puntualidade. Xa dende os primeiros metros se diferencio un cuarteto que se repartiría as medallas. No tramo final Lucía López del Franciscanos, que vén apuntando gran brillantez dende as categorías anteriores, realizo un cambio de ritmo que lle propiciou a vitoria. A segunda clasificada foi Itziar Manso del Ourense Atletismo, seguida a moi pouca distancia por Sara Lima del Beade.
Tras esta carreira os infantís masculinos afrontaron os 2650 metros previstos. A climatoloxía, ameazante, respectaba o espectáculo que se estaba a vivir en Friol.
Leonardo Guazzone del Valmiñor tomou as rendas dende e principio e venceu con contundencia. A continuación clasificouse El Medhi El Nabaoui del San Paio A Estrada e Martín Romeiro do Atletismo Cuntis.
A continuación celebráronse as probas de cadetes e xuvenís. Tanto a Federación Galega de Atletismo coma a Xunta de Galicia xa anunciaran que os catro primeiros clasificados de cada categoría serían convocados á selección galega que representará a nosa comunidade no campionato de España escolar que se disputará en Móstoles o 23 de febreiro.
As cadetes mulleres enfrontáronse a unha distancia de 3150 metros. O tempo mellorara lixeiramente. Saída rápida de Iría Rodriguez del Club Atletismo Porriño, consciente da súa superioridade e que evoluciona a paso moi firme. Venceu con gran solvencia. Emoción para completar o resto do podíum que finalmente se resolveu cun segundo de diferenza entre Iría Causin de la Atlética Lucense e Claudia Blanco del Atletismo Noia.
A continuación celebrouse a carreira de cadetes masculinos (4975 metros). Durante os primeiros quilómetros houbo alternancia na cabeza, evidenciando diferentes estratexias. Xa no último tramo da proba Nahon Álvarez del Atletismo Tui fixo valer a súa maior velocidade para impoñerse por catro segundos a Pablo Monteagudo del Atletismo Noia. Despois, a once segundos, entro Abraham Rodríguez del Ourense Atletismo.
Ás 12,40 horas iniciouse a carreira das xuvenís mulleres (4125 metros). A temperatura descendera pero o nivel da carreira foi moi alto. Uxia Pérez del Tui Termalia fixo a carreira en solitario case dende o principio mostrando a súa superioridade e proclamandose campioa galega con 32 segundos de diferenza sobre Ángela Gonzalez del Comesaña. Sporting Club. En terceira posición clasificouse a atleta do Affelou Naron Inés Santiago que entrou a 51 segundos da vencedora.

Antes da carreira xuvenil masculina a chuvia condiciono a vistosidade da proba pero realzo a dimensión agonística do atletismo. Afrontaron un percorrido de 6150 metros. Tariku Novales del Noia púxose na cabeza dun grupo selecto. Pero o lucense Miguel González del Lucus Caixa Rural fixo valer a súa mellor final e no último quilómetro voou e proclamouse campión galego, vencendo a Tariku cun unha diferenza de 18 segundos. Sete segundos despois Adrián Ben del Lucus entro na liña dea meta.
As dúas últimas carreiras corresponderon ao campionato galego de cross por equipos, reservada para as categorías conxuntas sénior-promesas. Tanto as mulleres coma os homes afrontaron un percorrido de 4175 metros.
Saída rápida das féminas. Moi pronto se destaco a internacional Leticia Fernández del Ría Ferrol que finalmente se impuxo a Melina Alonso del Affelou Naron por 13 segundos. A continuación, a 10 segundos, entro a tamén internacional Jenny Fernández del Val Miñor. O título de campión galego por clubs correspondeu ao Comesaña Sporting Club, seguido polo Valmiñor e Ourenrunning.
Para pechar o programa disputouse a carreira masculina. Dende o principio Pedro Nimo do Dar2B Corredores Pedro Nimo se destaco do resto de participantes e venceu cunha vantaxe de 4 segundos sobre Rubén Diz de la Sociedad Gimnástica, sendo terceiro o lucense Carlos Villamor do mesmo equipo que o gañador. A Sociedade Ximnástica de Pontevedra volveu reeditar o título por clubs. En definitiva gran xornada de campo a través a celebrada no concello de Friol, que ofreceu unha excelente organización, nun circuíto moi vistoso e esixente. Satisfacción da Federación Galega de Atletismo tras a disputa do evento.
O seu presidente, Isidoro Hornillos, que presenciou o campionato, manifestou que hoxe se viviu unha gran xornada de campo a través. Felicito os vencedores e todos os participantes polo espectáculo ofrecido. Tamén ao concello de Friol polo importante e frutífero esforzo realizado

Compartir: