Boa actuación da SGP na XXXIII edición da Copa de S.M el Rey, 5º con 47 puntos. Destacar o segundo posto de Victor Riobo nos 1500m con 3.56.43 mostrando, unha vez mais, que é unha garantía en probas de estas características e David Ferrer, millor marca persoal en pértega con 4.40 o que lle valeu para acadar o cuarto posto. Os outros resultados de atletas galegos foron Victor Gallego, 15.80 no lanzamento de peso (5º), Iván R. Maceiras, 6.67 na lonxitude (7º) e Alfonso P. Dávila 23.38 nos 200 (8º). Os segundos postos de Jean Marie Okutu con 7.38 na lonxitude e Alfonso Palomanes con 15.89 no triple serviron para que o FCB acadara a primeira posición. Na competición femenina, boa actuación tamén de de Belén Toimil con 15.03 no peso (2ª) e Yuliana Velásquez, terceira nos 800m con 2.12.75.