O pasado sábado no transcurso da Gala do Atletismo Español foi galardonado tamén
o atleta burgalés afincado en Ourense dende hai dous anos e pertencente o club Ben Cho Shey, José Antonio Requejo Santos. Recibiu duas placas como recoñecemento a sua gran tempada, logrou ser
medalla de Ouro por equipos no Campionato de Europa de 100Kms e en categoría Absoluta a medalla de Bronce.
Durante a Gala o seleccionador nacional confirmó que o ultrafondista foi seleccionado directamente para o próximo Mundial de 100Kms que se celebrará en Daugavpils (Letonia) o 31 de Agosto.