Este venres terá lugar a GALA ANUAL DO ATLETISMO GALEGO

Como en anos anteriores a Federación Galega de Atletismo celebrará este venres día 24 de xaneiro a Gala Anual do Atletismo Galego. Unha gala que sirve para rendir un merecido homenaxe a aqueles atletas que obtiveron importantes éxitos, adestradores, clubes, xuíces e institucións que apoiaron ao atletismo ao longo da tempada 2012/13. A gala terá lugar no Auditorio de Monforte de Lemos ás 20:30 horas, tras finalizar as premiacións ofrecerase uns pinchos para todos os asistentes. A Federación Galega de Atletismo desexa agradecer ao Concello de Monforte de Lemos polo seu interese en acoller este importante evento na súa fermosa cidade. O programa Citius, Altius, Fortius dará cobertura a este importante evento. Consulta aqui o listado de premiados.

Compartir: