Os irmáns Chamosa Dacasa, minima para Nankín e plusmarca galega Sub-16

Cun tempo climatologicamente adverso,excelente actuación o domingo día 19 dos atletas da Escola Galega de Marcha que previa invitación por parte vasca participaron no I Premio de Marcha de Renteria 2014. Trofeo Mikel Odriozola (celebrado conjuntamente cos Campionatos de Euskadi de Marcha) na localidade guipuzcoana de Rentería.
Entre eles, os do Comesaña Sporting Club, sobresaíron, en especial o xuvenil pontevedrés Daniel Chamosa Dacasa nos 10 Km. distancia na que melloraba amplísimamente a súa marca persoal, pois facía 44.35, unha marca de 963 puntos IAAAF e mínima para os II Xogos Olímpicos da Mocidade a celebrar en Nankin (China), “Nanjing 2014” este verán, para mellor valorar esa evolución, recordamos que a súa marca en ruta era de 46.50 e en pista é de 45.55.01, fixo esta terminando na terceira posición da proba gañada por outro atleta galego, Francisco José Durán Acuña (Simply-Scorpio71), quen con 42.09 (1.054 p.) impoñíase ao olímpico que daba nome ao evento, Mikel Odriozola Domínguez, que á súa vez, con 42.26 (1.044 p.) era o primeiro vasco, o 4º era Christian Curopos Costa (Celta Atletismo), o atleta Promesa catalán (Manresa 1994) con licenza galega nun tempo de 47.42 (842 p.). Daniel foi o primeiro xuvenil,
Esa proba dos 10 km. (do mesmo xeito que a feminina da mesma distancia), estaba programada para atletas das categorías xuvenís e maiores, mentres que a de 5 Km. foi unha proba mixta, para as categorías cadetes e veteranas de ambos sexos e nela, a irmá menor de Daniel, do Comesaña Sporting Club, Antía Chamosa Dacasa, lograba a vitoria da mesma entre ambas categorías e sexo con 24.19 (985 p.), o que significaba a mellor marca galega feminina Sub-16 de sempre á vez que Cadete, mellorando o seu anterior de 24.23 do pasado ano nas filas do Club Atletismo Cuntis. Moi bo inicio de tempada levan estes dous irmáns en base aos seus resultados, o futuro preséntase halagüeño para eles ¡¡¡Enhorabuena a eles, aos seus pais e adestrador¡¡

Na proba feminina dos 10 Km. que tamén era gañada, do mesmo xeito que a masculina por atleta de categoría Promesa, a catalá Mar Juárez Gallardo (C. Atl. Montormés) en 48.26 (1.026 p.) seguíanlles as galegas invitadas,2ª Samantha Mulloni Martínez (Ría Ferrol-Concepción Arenal), en 50.16 (979 p.), mentres que 3ª e 4ª nosas atletas xuvenís, Carmen Escariz Mella, que melloraba en 32 segundos a súa marca con 51.27 (950 p.) e Carmen Fontes Castro, con 52.40 (920 p.), 5ª para a atleta do Afflelou Narón, a sadense e tamén xuvenil, María Abeledo Manteiga en 53.06 (909 p.),polo que as tres primeiras xuvenís da carreira foron elas. Entraba de 6ª a atleta Promesa con licenza de Independente, Rocío Carbía Lojo en 54?15? (881 p.) 14ª Débora Pato Sabarís con 59.22(761 p.) e 17ª a estradense Alba Cajide Castro en 1:05.56 (620 p.).
O Club Atletismo Cuntis obtivo unha vitoria neste evento por medio do seu atleta Roberto Vieiro Pérez que con 14.51 (643 p.) impoñíase na proba para infantís de ambos sexos de 3 Km. de Marcha Atlética en Ruta.
O xuvenil Emilio Novás Barral, moi ao seu pesar, tivo que abandonar a competición, pois precisamente cando comezou a proba dos 10 Km. o tempo aínda empeoró máis, ata o punto de granizar fuertemente e Emilio, ao resistirse ao abandono do seu primeiro 10 km. case lle causa unha hipotermia

Compartir: