O Trofeo Angeles Barreiro organizado polo Club Marineda nas Pistas de Elviña de A Coruña, a Copa Deputación no módulo de Ourense e un Control de Marcas en Ferrol foron os escearios da actividade atlética en pista do pasado fin de semana na nosa comunidade. Gran participación nas tres competicións e con bos resultados. A destacar o velocista Mauro Triana do Coruña Comarca nos 60 (7.20) e nos 200 (22.49) e a lanzadora do Atletismo Femenino Celta Eva Costas con 12.20 na Coruña, os 2.12.88 de Solange Pereira do Bikila nos 800 de Ferrol e a actuación dos dous saltadores do F.C. Barcelona Jean Marie Okutu nos 60m con 7.07 e José Alfonso Palomanes con 15.50 no triplo salto. A destacar tamén a actuación de Ana Peleteiro na Copa de Clubs Junior con 12.82 no triplo, David Barriera con 1.98 en salto de altura e Leticia Gil con 5.73 no Trofeo do CDS. Xa na marcha, Francisco Durán bateu o record promesa en 10km ruta con 42.07