Asinado o acordo entre o Concello de A Coruña e a Federación Galega de Atletismo
O concelleiro de Educación, Deportes e Xuventude da Coruña, Francisco José
Mourelo, e o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, asinaron o pasado xoves 16 de xaneiro no salón vermello do Pazo de María Pita o acordo para a organización das
carreiras nacionais a desenvolver na cidade herculina durante o 2014. O Concello da Coruña mail Federación Galega de Atletismo preoseguirán deste xeito aunando esforzos para organizar conxuntamente
tres importantes probas do calendario nacional. Iniciarase esta andadura o vindeiro 23 de febreiro coa disputa do Campionato de España de Media Maratón en coincidencia coa VI A Coruña 21. Mais
tarde, o 27 de abril, celebrarase a III Maratón Atlántica A Coruña 42. Finalmente, o 5 de outubro a VIII A Coruña 10. Esta fórmula de organización conxunta leva xa implantada moitos anos entre as
duas entidades. Pero a gran dimensión que está adquirindo o fenómeno do pedestrismo na Coruña precisaba matizar nun documento as responsabilidades e tarefas tanto para o concello como para a F.G.A.
Deste xeito poderase xestionar con mais eficiencia as necesidades e servizos que se desexa ofrecer a todos os corredores. A importante aposta que está facendo o goberno municipal na promoción e
apoio destas carreiras, que se complementan coa disputa de varias xornadas do circuito Coruña Corre, está a convertir a cidade herculina nun referente a nivel estatal, potenciado ademáis coa
celebración o ano pasado do campionato de España de maratón e o mes próximo coa disputa do nacional de media maratón absoluto e veterano. E sen esquencer o clásico Gran Premio Internacional de
Marcha Cantones de A Coruña. Tras asinar este acordo tanto o concelleiro como o presidente da F.G.A. amosaron a sua satisfacción por considerar que supón un paso moi importante na coordinación de
esforzos compartidos. Elo sen dubida contribuirá a mellorar a calidade organizativa destas carreiras e satisfacer as miles de persoas que ano tras ano apostan por participar na Coruña