Máis de 70.000 euros repartirá a Secretaría Xeral para o Deporte para 30 clubes galegos adscritos á FGA. Aos clubes con maior puntuación foron concedidas subvencións de máis de 6000 euros.
A listaxe contén os seguintes apartados:
1.- Relación alfabética dos clubs e sociedades anónimas deportivas beneficiarios (páx. 1 a 19).
2.- Relación das agrupacións deportivas escolares beneficiarias (páx. 19 a 20).
3.- Solicitudes de subvención denegadas, ordenadas alfabeticamente, por non obter a condición de beneficiario (páx. 20 a 29).
4.- Solicitudes excluídas, ordenadas alfabeticamente e motivo da exclusión (páx. 29).
Prazo de xustificación:
Os beneficiarios, unha vez publicada a resolución de concesión no Diario Oficial de Galicia (probablemente a primeiros da próxima semana), deberán
xustificar a axuda concedida no prazo dun mes contado desde a citada publicación (as entidades serán informadas desta publicación a través do enderezo de correo
electrónico indicado na súa solicitude).
A listaxe está dispoñible en: http://deporte.xunta.es/index.php?idMenu=67&int1=2130&idIdioma=2
Nesta mesma web están dispoñibles os anexos requiridos para o cobro e xustificación da subvención, así como unha guía de axuda para facilitar o proceso.