Celebrouse o sábado no remoderado pazo dos deportes da Coruña, o campionato
galego de veteranos.
O campionato non defraudou e no déronse cita atletas de todas as categorias de veteranos e a grande protagonistas foi Maria Jesus Sanguos Espiña del Comesaña Soprting Club de Vigo, que logrou
mellorar as marcas nacionais de 200 e 400 metros cuns rexistro de 30.80 e 1.13.63 na categoria de W55.
Aínda puido ser maior a demostración do poderio de Chus ,al non poder participar nos 50 metros valos debido a unhas pequenas molestias.
Chuvia de mellores marcas
Un total de 11 mellores marcas foron as conseguidas polos homes durante toda as xornada as cales foron conseguidas por:
Jose Manuel Gonta del Silva, en 50 valos con 8.75 (M45).Xulio Ventin Rivas do ADÍES (m50) en altura con 1,45; pértega 3,30 e peso con 12,52 mtos. Manuel Vigo del Milladoiro en 1500 con 4.25.38
(M55). Luis Nogueira do ADÍES en lonxitude con 5,12 e peso con 10,27 (M55)Luis Manuel Eyre do USC (M60) en triplo con 7,91. Salvador Patiño del Corredoiras, en lonxitude con 3,98 (M60) Antonio
Cabana do EGO en 400 con 1.21.06 (M70) Enrique Rio do EGO en 50 con 12.07 (M75)
Á parte das mencionadas mellores marcas nacionais de Chus Sanguos, as mulleres tambien tiveron unha boa actuación no Campionato logrando un total de 9 mellores marcas galegas.
Monserrat Riveiro, do Celta (W35) en Altura con 1,59, lonxitude con 5,02 e Triplo Salto con 11,21. Maria José Sanromán da SGP en peso con 10,30 )W40).Pilar Regueiro del Silva (W45) en 50 lisos con
7.91. Cristina Estevez del Celta (W35) en 400 con 1.05.34. Rosario Sureda do ADÍES en lonxitude con 4,67 (W45)Esther Pedrosa, do USC, en 3000 con 10.57.63 (W50), Olga Romero del Comesaña en
lonxitude con 3,11 (W60).
Como colofón interveu fóra de concurso Belen Toimil Fernandez, na proba de peso, logrando unha marca de 14,04 metros, que supón nova mellor marca galega na categoria júnior.
A marca de Belén demostra o grande incio de tempada de Belén no seu primeiro ano na categoria, e referenda a súa marca de 14,10 ao aire libre de fai uns dias en Ferrol Resultados FOTOS