No campionato
de España de Campo a través celebrado en Haro, a selección galega promesa de mulleres conseguiu dúas medallas individuais a cargos de Paula Mayobre (prata) e Sandra
Mosquera (Bronce) por equipo lograron o terceiro posto, acompañáronlles no podium Iria Castro,Lucia Corrales e Xoana
Roig. Lamentar a baixa de última hora da atleta Esther Navarrete, que por motivos de saúde non puido viaxar ata Haro., desexándolle unha pronta recuperación en nome de tódolos integrantes
da expedición.
En homes Galicia logrou un meritorio 5º posto na clasificación absoluta co equipo formado por Hasam Lekhili,Lolo Penas,Manuel Hurtado,Carlos Villamor,Jesús de la Fuente,Juan A.
Pousa,Rafael Fuentes. Retirándose Pedro
Nimo e Gustavo Pratas.A clasificación da selección nas distintas categorías foi a seguinte: Senior feminino (9ª posición), Junior feminino (4ª posición), Promesa feminina (3ª praza), Junior
masculina (8º posto), Senior masculina (5ª posición) e promesa masculina (12ª praza). A FGA desexa agradecer publicamente o esforzo realizado por todolos atletas que representaron a Galicia neste
importante evento. Resultados FOTOS: Victor Arufe