Saltar ao contido
Arquivo

Perto de 400 técnicos deportivos daranse cita no V Congreso Nacional de Ciencias do Deporte

Un ano mais celebrarase en Pontevedra o V Congreso Nacional de
Ciencias do Deporte
os días 7, 8 e 9 de maio, un congreso que xa e todo un referente nacional. A inauguración está prevista para as 09:30 horas deste xoves no Pazo da Cultura de
Pontevedra, ao acto asistirá o alcalde de Pontevedra D. Miguel Anxo Lores xunto a outras personalidades. O programa do evento está composto por numerosas conferencias que abordarán distintas áreas
das ciencias do deporte: rendemento, iniciación deportiva, didáctica, saúde, etc. e catro mesas redondas unha delas sobre a actualidade dos técnicos deportivos e outra sobre a importancia da
cervexa na recuperación dos deportistas. Asemade tamén celebraranse 12 cursos de especialización de 3 horas de duración nos cales se impartirá unha formación específica nun tema concreto. Neste
importante evento participarán distintas persoas vencelladas ao atletismo galego, entre elas Santiago Ferrer que participará nunha mesa redonda, Mariano
García-Verdugo
que impartirá un curso sobre detección de talentos, Victor Arufe quen abordará as pautas metodolóxicas na iniciación deportiva ata os 14 anos e
Pablo Díaz que moderará a mesa redonda A realidade do adestrador deportivo ¿Dispón de medios necesarios para a súa labor?. A inscrición está aberta ata o mesmo día do congreso.
Todolos interesados poden visitar a web www.congresodeporte.com

noticias
Compartir