Resultados

José María Odriozola reelexido presidente da RFEA. O atletismo galego representado na Comisión Delegada e Comisión de Clubs.

Este sábado celebrouse a Asemblea Xeral Extraorinaria na sede do Comité Olímpico Español (Madrid) para a elección do Presidente da RFEA. José María Odriozola foi elexido, cun amplo respaldo dos asistentes, novamente Presidente, cargo que conserva dende 1989. Tamén elixíronse os membros da Comisión Delegada da Asemblea Xeral, órgano no que estará representado o atletismo galego por Isidoro Hornillos no estamento de Presidentes de Territoriales, xunto a Andalucía, Cataluña, Valencia e Castilla León. Asemade o Club Atletismo Ourense Academia Postal foi reelexido membro da Comisión de Clubs. Todavía falta por configurarse o resto das comisións. Parabéns e sorte nesta nova lexislatura.

Compartir: