O Consello Directivo da EGA estamos traballando para ir aumentando as vantaxes ano tras ano. Por iso agradecemos as suxerencias que os afiliados nos fagan chegar.
Todolos afiliados a EGA gozarán das seguintes vantaxes:
- Participar nas actividades que desenvolva a EGA.
- Participar nos cursos teóricos e prácticos que para a formación de técnicos deportivos e adestradores sexan convocados pola escola, previa aceptación das condicións en cada caso.
- Posibles subvencións do Plan Galego de Tecnificación Atlética.
- Descontos nos cursos, congresos, seminarios, etc. que organice a EGA.
- Descontos na compra de publicacións (libros, revistas, monografías, etc.) que edite a EGA.
- Posibilidade de utilizar o servicio de préstamo de obras da biblioteca.
- Recibir de balde a información técnica do servizo de publicacións da EGA.
- Inclusión dos seus datos persoais e currículo na bolsa de traballo da EGA.
- Inclusión no censo galego de adestradores.
- Expedición do carné de afiliado da EGA, o cal daralle beneficios e vantaxes en empresas asociadas.
- Ter cuberto un seguro de responsabilidade civil e seguro deportivo obrigatorio
- Poder ser convidado como adestrador oficial da Selección Galega.
- Recibir anualmente o Ranking e Regulamentación da tempada.
- Posibilidade de ter acceso a axudas económicas ou materiais aos adestradores da FGA según o Plan de Tecnificación Atlética.
- Outros posteriores a esta normativa que se acorden no Consello Directivo da EGA.