Xunta Directiva


É competencia da Xunta Directiva:

  • Preparar as ponencias e documentos que sirvan de base á Comisión Delegada da Asemblea para que a mesma exerza as funcións que lle corresponden.
  • Preparar as ponencias e documentos que sirvan de base á Asemblea Xeral, para que a mesma exerza as funcións que lle corresponden.
  • Preparar ponencias e documentos á Comisión Delegada, para a aprobación dos Regulamentos internos da FGA e os relativos aos Órganos, Comisións, Comités e Escola Galega de Adestradores.
  • Propoñer o traslado de domicilio da FGA dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • A elaboración do proxecto de orzamento da FGA para a súa presentación á Asemblea Xeral.
  • Colaborar co Presidente na dirección económica, administrativa e deportiva da FGA e na execución dos acordos dos demáis órganos colexiados superiores de goberno e representación da mesma.
  • Aprobar o balance de gastos e ingresos das distintas actividades que desenvolvan os distintos Órganos, Comités, Comisións e Escola Galega de Adestradores.

Presidente
Iván Pablo Sanmartín Carreira
Vicepresidentes
Eladio Gómez rosales
Jesús Vázquez Tallón

Vogais
José Manuel Ruiz Pérez
José Antonio Bazán Arcay
Esther Pedrosa Carrete
Luis Gómez Fiaño
Francisco Javier Campos Suárez
Mayka Jueguen Lago
José Domínguez Caballero
David Posada González
Mario González Rodríguez
Guillermo Sandino Leira

Con voz e sen voto (Art. 41º Estatutos)
Secretaria Xeral
Yolanda González Fernández

 

Secretario Xeral


O Secretario Xeral da FGA, que vén sendo tamén o da Asemblea Xeral, Comisión Delegada, da Xunta Directiva e dos demais Órganos, Comités e Comisións da FGA asistirá ao Presidente da FGA en todas as actividades propias do seu cargo.

Ao Secretario Xeral, correspóndelle exercer as funcións de federatario e asesor da FGA, a preparación e despacho material dos asuntos así como a dirección e organización das funcións administrativas. Asumirá a xefatura do Persoal, sen prexuízo das facultades de Delegación que en tal sentido lle corresponda.

Ao Secretario Xeral, como Secretario nato dos Órganos, Comisións, Comités e Escola Galega de Adestradores, da FGA, que asiste ás reunións con voz pero sen voto, salvo que pertenza de pleno dereito ós mesmos, correspóndelle:

  • Informar verbalmente ou por escrito,contestando ás consultas que se lle fagan sobre os asuntos pendentes nos órganos da FGA e dos que forma parte e das reunións que celebren os distintos órganos Federativos.
  • Redactar acta de todos os acordos e unha vez aprobaos, asinar co VºBº dos respectivos Presidentes e pasalos ós libros correspondentes.
  • Expedir as certificacións da FGA.
  • Coordinar a actuación dos distintos órganos da FGA.
  • Emitir os informes que lle soliciten.
  • As funcións que lle encomenden as normas regulamentarias da FGA.
  • Custodiar os libros de Actas e Rexistros da FGA.
  • Remitir á Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, actas das reunións da Asemblea Xeral e da Comisión Delegada, no prazo e 15 días, a partir da celebración. O Secretario Xeral poderá delegar o exercicio das súas funcións noutros funcionarios da FGA ou entre os membros dos Órganos, Comisións e Comités, se fose preciso, ou no caso de ausencia ou enfermidade.

Secretaria Xeral: Yolanda González Fernández

Tesoureiro


Ao Tesoureiro da FGA correspóndelle:

  • Gardar os fondos federativos e ter ao día a contabilidade e vixiar por ela, axustada ás normas de adaptación do Plano Xeral de Contabilidade ás Federacións Deportivas.
  • Custodiar os libros e documentos relativos á contabilidade da FGA vixiando a súa exacta levanza.
  • Coidar de que os pagos que ordee o Presidente correspondan cos gastos autorizados no Orzamento.
  • Cobrar cantidades e asinar os recibos correspondentes.
  • Elaborar o anteproxecto do orzamento para a súa análise e aprobación pola Xunta Directiva e Asemblea Xeral e confeccionar o Balance con especificación e desglose de gastos e retribucións.
  • Exercer a inspección económica da Federación propoñendo medidas disciplinarias en caso de infracción.
  • Exercer de Tosoureiro de todos os órganos de funcionamento, Comisións, Comités e Escola Galega de Adestradores.