A práctica das diferentes especialidades atléticas é a forma organizada máis antiga do deporte e vénse celebrando dende fai miles de anos a través de diferentes culturas. A Federación Galega de Atletismo fundouse oficialmente o 27 de marzo de 1921 nos salóns da Sociedade Coral A Oliva (Vigo), sendo o seu primeiro Presidente Enrique Blantle e Secretario Xeral Joaquín Freijeiro convertendose deste xeito en deporte regulado dende o século XIX. Desde entón dirixiron a Federación un total de 16 presidentes, incluido o actual mandatario Isidoro Hornillos.
Ver Acta de Constitución da FGA
A restauración olímpica protagonizada polo barón Pierre de Coubertin (Atenas, 1896) influíu poderosamente sobre o futuro do deporte moderno e anos máis tarde (1912) creouse a Federación Internacional de Atletismo, organismo que rexe este deporte a nivel mundial. En 1920 constitúese oficialmente a Federación Española, baixo o nome de Federación Atlética Española, anos logo da Federación Catalá (1915), da Federación Guipuzcoana (1916) e da Federación Castelá (1917).
A actividade da FGA desde a súa fundación mantívose ata 1958, ano na que se disolve e se implanta en Galicia o sistema de Federacións Provinciais, como órganos independentes entre elas. No ano 1984 vólvese a constituír outra vez a Federación Galega, sendo o seu Presidente Sergio Vázquez, quen se mantivo á fronte deste organismo ata o ano 2006.
O crecemento do atletismo galego nas últimas décadas foi moi intenso, en especial no número de licenzas federadas que pasaron dende o ano 2007, en torno a 2.000 ata superar ás 7.000 na actualidade. O meso pódese dicir das entidades atléticas que evolucionaron dende menos de 70 ata os 136 clubes nas ultimas tres lexislaturas.
No ano 2021 a Federación Galega de Atletismo celebrará o seu primeiro centenario. Nesta andadura o atletismo galego tivo atletas olímpicos e unha grande cantidade de internacionais e medallistas en campionatos de España. Asemade, posúe un altísimo nivel en clubes, algúns deles participantes habituais na Liga Nacional. Pola sua banda, tanto o Comité Galego de Xuíces como o colectivo de adestradores galegos, gozan dun gran prestixio.
A sé central da Federación Galega de Atletismo atópase na actualidade na Coruña, tendo Delegacións nas grandes cidades de Galicia: Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e O Barco de Valdeorras). A súa Asemblea Xeral está composta por 74 membros que representan aos estamentos de clubs, atletas, adestradores e xuíces, elixidos de forma democrática. Conta tamén cunha Comisión Delegada. O órgano executivo da federación é a súa Xunta Directiva, que é asesorada por diferentes comisións e comités.