Saltar ao contido
Campionato de España

Éxito do atletismo galego que volta con 20 medallas dos campionatos U18 e U23

Gran fin de semana o vivido polo atletismo galego durante a disputa dos campionatos de España Sub18 e Sub23 celebrados en Castelló e Badajoz respectivamente. Nada menos que un total de vinte medallas, dazaseis postos de finalistas, tres récords galegos e unha gran satisfacción xeralizada, foi o gran balance que trouxeron de volta as nosas e nosos representantes.

A canteira sub18 marabilla.

“Non cabe ningunha dúbida de que estamos diante dunha gran e talentosa xeración de atletas galegas e galegas que están chamados a marcar un futuro moi ilusionante no atletismo galego, e como proba delo, son as quince medallas logradas esta fin de semana durante a disputa do Campionato de España Sub18 de Castelló” así manifestábase o presidente da FGA Iván Sanmartín quen estivo acompañando e compartindo momentos cos galegos e galegas desprazados ata a localidade levantina.

Si importante foron as dez medellas logradas na edición do ano pasado celebrada en Málaga, estas quince representan a consolidación deste importante proxecto xeracional que ben puido ser ainda maior si non fora pola rigurosa descualificación de Alex Sierpes nas semifinais dos 1.500 m.

Medallas e bos rexitros

Fran Casañas continúa imparable na súa progresión nos lanzamentos. Novamente volvía proclamarse campión de España Sub18 cunha gran superioridade tanto en peso como en disco nos que acreditaba 18.70 m. e 61.02 m. e que o chaman a internacionalidade.

Sen abandoar os lanzamentos, suma e segue para Aitana Capeáns do Ourense Atletismo que no seu primeiro ano Sub18 e logo de proclamarse campioa de España Sub16 o ano pasado, repite título en peso con 14.83 m. impoñéndose ás favoritas da proba.

Outra das imaxes da fin de semana foi o fantástico podio que nos deixaban Debris Paniagua e Demeku Paniagua, do Atletismo O Pino e María Estévez da Gimnástica que copaban por completo un podio 100% galego na proba dos 2.000 obstáculos. O tempo oficial para Debris foi de 6:37.56 que afianzan a suá posicion de líder do ano.

Nos 3.000 m. a campioa galega absoluta Sabela Castelo, lograba impoñerse á favorita da proba facendoo ademáis con convicción xa que a atleta do Ourense Atletismo, remataba a distancia cun crono de 9:35.11 que supoñen un novo récord do campionato.

O sector da marcha deixaba outra alegría para a expedición galega. Icia Ares do Ourense At. nunha final emocioante lograba proclamarse campioa de España nos 5.000 marcha ao lograr un crono de 25:28.46 e conseguir o mellor éxito, ata o momento, da súa traxectoria deportiva. Na mesma proba a céltica Natalia González chegaba a tan só tres segundos do ourensá que lle servían para lograr o subcampionato e dar destacada presenza galega na zona de podio.

O resto de medallas chegaban na proba dos 800 m. na que tanto Javier Picos do Marineda cun crono de 1:56.21 na categoría masculina como Sabela Martínez da Gimnástica con 2:10.09 na feminina, cedían tan só antes os líderes do ano logrando o subcampionato de España.

Continúa a imparable progresión do velocista do Coruña Comarca Sebastián Bascoy que o levaban na proba dos 200 ata o segundo posto no caixón de honra, marcando un rexistro de 21.70 e mellorando o metal de bronce que lograba en Málaga.

Sobre o listón de altura, a ourensá Iria Solera, reededitaba tamén a medalla de prata do pasado ano,  saltando desta ocasión ata os 1.71 m. e cedendo ante a favorita por tan só dous centímetros.

Os metáis de bronce viñeron da man de Alex César do AA Mazí en xavelina con 58.64 m. e da lucense do Lucus Caixa Rural Eva Rouco na proba dos 1.500 m. con 4:39.26 a onde acudía ca quinta mellor marca das participantes.

Compre salientar o récord galego Sub18 logrado por Jesús Arias logo de sumar unha puntuación total na proba de decatlon de 6.279 puntos  que lle daban o quinto posto na súa proba

A maiores, lograron postos de finalistas, Paula Fernández, 4ª nos  3000 m.; Adriana Castiñeira, 4º en altura; Aitana Capeáns, 4ª en disco; Lydia Valdés, 4ª e Marta Hermida, 6ª en martelo; Martiño Salgado, 5º nos 400 valos; Aaron Pérez, 5º e Eloy Vázquez 6º nos 100 m.; Gael Couñago, 6º en altura; Guillero Piñeiro, 6º nos 110 valos; Marineda Atlético, 7º en 4×100 homes e Iago Martínez 8º nos 400 m.;

Campionato de España Sub23

Non menos interesante resultaron os rexistros logrados polos 26 atletas achegados a tomar parte no Campinato de España Sub23 de onde se voltaba con seis medallas, catro postos de finalistas e dous récords galegos.

Blanca Pereira do Ourense At. , chegada fai pouco dos EEUU, defendeu moi ben a súa mellor marca no concurso de martelo lanzado ata os 58.11 m. no seu quinto intento e ravalindo o título de España que xa lograra o ano pasado sendo Sub16.

Paula Piñón do At. San Sebastian protagonizaba unha das gratas sorpresas ao lograr a medalla de bronce no concurso de xavelina. A lanzadora do At. San Sebastián quen no figuraba a priori nos prognósticos, realizaba un gran concurso que a situaban nos postos de honra grazas a os 46.19 m. (MMT) efectuados no seu cuarto lanzamento.

A internacional do RIA Ferrol Xiana Lago, repetía podio como xa fixera o pasado ano en Lleida, logrando desta vez o bronce en peso cun mellor lanzamento de 14.24 m. Sen abandoar a especialidade, Fernando Vallines lanzaba ata os 16.63 m. cos que protagnizaba un novo récord galego Sub23 (anterior Oscar Fernández con 16.24 do ano 1999) e que de igual modo permitían ao e Lourenzá,  subir ao podio na terceira posición.

Nos 110 valos o internacional coruñés do Marineda Hugo Vázquez, revalidaba a prata de Lleida cun rexistro de 13.97 e onde a próxima parada, será o Campionato de España absoluto na primeira fin de semana de agosto.

Nas remudas 4×100 homes o equipo do Marineda Atlético con 42.32 estabrecía un novo récord galego Sub23 rematado na sexta posición

A maiores, os postos de finalistas corresponderon a Victoria Eiríz, 4º no martelo; David Vicente, 5º nos 110 valos; Antía Castro, 6ª nos 5.000 m.; Carmen Victoria González, 6ª nos 3.000 obstáculos; Xoel Otero, 8º en decatlon.

Compartir