Un patrimonio atlético chamado G.P Ciudad de Vigo

Baixo a organización da Federación Galega de Atletismo e o patrocionio do Concello de Vigo, este vindeiro día 5 de xullo a cidade olívica acolle o seu Gran Premio Internacional Ciudad de Vigo, todo un clásico que desde fai uns anos, e logo dun paréntese, intenta recuperar a súa importancia histórica, adaptada eso si, aos novos tempos e necesidades.
O alma máter e impulsor desta proba foi o gran Alfonso Posada, quen a través do xornal do Faro de Vigo, narraba con paixón e rigurosidade todo canto se vívía nas pistas de Balaídos a través das cales, o Gran Premio viviría periodos caracterizados pola irregularidade na súas celebracións.
Primeira edición
A primeira edición disputábase no ano 1958, concretamente o día 5 de outubro na que o gran reclamo foi a presenza do atleta catalán Tomás Barris quen lograba o premio consistente nun hórreo de prata donado polo Concello, grazas a súa mellor marca na proba dos 2000 m. de 5:24.4.
Desde entón, foron moitos os atletas que pasaron por Balaídos para tomar parte nesta clásica como, Javier Álvarez Salgado, Ramón Magariños, Carlos Pérez, José Fina Salgado, Rogelio Rivas, Ramón Tasende, Antonio Amorós, Jose Molíns, Mariano Haro, Ignacio Sola… De igual modo por parte internacional, ademáis da presenza das grandes figuras do viciño Portugal, pasaron atletas da talla do francés Iain Mimoun subcampión olímpico de 5.000 m. e 10.000 m., tralo mítico Zatopek, nos Xogos de 1948 e 1952 e campión olimpico na maratón en 1956, ou o estado unidense Keving Young, plusmarquista mundial e campión olímpico dos 400 valos en Barcelano-92, por citar só algúns.
Anos dourados
A finais dos 80 e principaios dos 90, e xa inauguradas as novas pistas de Balaídos, celebrábase cunha gran repercusión internacional a vixésima quinta edición no 1991, que contou ca presenza de atletas de EE.UU., Jamaica, Kenia e Rusia entre outros. Nunhas bancadas ateigadas de público e ca presenza das cámaras de RTVE emitindo en directo, Sandra Myers estabrecía o vixente récord de España de 100 m con 11.06, acompañando á mítica Marlene Ottey con 10.79 esa tempada.
Parénteses e rexurdimento
Tras varios altibaixos e un parón (1991-2005), na que as limitacións orzamentarias marcaron o seu desenvolvemento, reaparecía cun novo enfoque máis deseñado para as necesidades actuais que o levaban en abril de 2024 á anunciar a sua volta definitiva, que se produciría o 17 de maio.
Encadrado no Calendario Internacional Nivel 2 de la RFEA, que o permite lograr mínimas olímpicas e europeas, as probas oficiais para este ano 2025 serán: 100 m., 400 m., 800 m, 1500 m., 3000 m. , 5000 m., lonxitude, xavelina, disco e remudas 4×100 m.
Legado e importancia
O G.P. Ciudad de Vigo é a última das grandes citas clásicas galegas de mediados do século pasado que siguen celebrandose trala desaparición fai lustros, do Gran Premio Cidade da Coruña cuxa primeira edición data do 1957.
Con ela, mantense todo un importante legado social e deportivo que forma parte tanto da historia do patrimonio do noso deporte, como da propia cidade de Vigo.
Para máis info, Emilio Navaza a través da súa gran obra de Vida Atlética en Galicia, referiríase a este ao G.P.Internacional Ciudad de Vigo no capítulo de Los Primeros años del Gran Premio Ciudad de Vigo