Emilio Navaza publica novo libro “Vigo capital atlética”

Os amantes da historia do atletismo galego estamos novamente de sorte. Un dos máis grandes investigadores e escritores en canto á nosa historia se refire, Emilio Navaza, volta de novo a editar novo libro baixo o selo da editorial Alvarellos.
Desta vez, o gran xornalista nado en Pontevedra fai setenta e sete anos, adéntrase no berce do atletismo galego que alá polo 1913 tiña na cidade de Vigo o seu gran punto de orixe e espallamento.
As primeiras competicións dos anos 1913, os primeiros clubs, os primeiros atletas, a creación da Federación Galega de Atletismo (…) tiveron o seu comezo na cidade olívica, eixo central dos dazaseis capítulos dos que fala ” Vigo, capital atlética” que está xa no mercado e cuxo prólogo está escrito por Isidoro Hornillos.
A través de 234 páxinas magníficamente narradas e ilustradas, o ex-atleta, profesor e xornalista xubilado, preséntanos unha deliciosa viaxe polo tempo que nos leva, entre outras, ata os comezos do século XX cando en 1900 se organizaban xa os primeiros festiváis atléticos co Real Vigo, ou a celebración en Coia do primeiro Campionato de España en Galicia no ano 1921 na súa quinta edición.
O libro tamén ten espazo para misturar pasado e presente co fío conductor dos seus olímpicos ilustres, facendo un repaso desde as súas orixes con Carlos Pérez, ata a actual Ester Navarrete.
Divulgador incansable
Como bo ex-atleta que foi, Emilio Navaza gosta de perseguir retos que o motivan a investigar todo que garde relación ca historia do noso deporte.
O seu afán incansable fai que a través da súa páxina web “Vida atlética en Galicia” teña recollida boa parte da nosa pasada e recente historia, sendo unha visita obrigada e imprescindible para todos os amantes da historia deportiva. A maiores publicaba no ano 2022 o libro “Mas allá de la Meta” (Editorial Alvarellos) que de igual modo, reflexaban episodios da nosa vida e que tres anos despois continúan con “Vigo capital Atlética”
Disfrutádeo!