Saltar ao contido
Arquivo

Saúdo do Presidente

Damos a benvenida á WEB oficial da Federación Galega de Atletismo a todas aquelas persoas que nos visitan. Estamos traballando día a día para ofrecer unha información máis extensa
e puntual sobre todo o concernente ao atletismo galego. Nesta lexislatura modificouse o formato e estanse engadindo novos contidos á páxina coa intención de responder aos intereses
de todos os estamentos do noso deporte: atletas, clubes, adestradores e xuíces. Pero tamén ao atleta popular e afeccionado ao atletismo ou deporte
en xeral que visita regular ou puntualmente esta WEB.

O atletismo regulado en Galicia é un deporte practicado desde principios do século XIX. En 1913 xa se celebrou unha competición no Campo de Coia (Vigo) e en
1915 os denominados Xogos Olímpicos, nese mesmo recinto. No entanto, nun contexto máis popular, existen referencias constatadas da Corrida da
Hogaza
, ou carreira de 150 pasos practicada na romaría de San Roque, xa en 1840, cuxo gañador recibía un pan de 5 libras. Desde entón a práctica
atlética foi ampliándose pola xeografía autonómica e hoxe o tecido deportivo de moitos concellos galegos está enriquecido coa importante actividade que desenvolven os clubes de
atletismo
.

O encomiable esforzo que desde sempre realizaron os nosos atletas, adestradores, clubs e xuíces situaron ao atletismo galego en lugares de privilexio, non soamente no contexto
español senón tamén a nivel internacional. As dificultades non foron poucas e sortealas, como sucede na actualidade, implica un esforzo engadido que temos que
realizar todas as persoas que formamos parte da familia atlética de Galicia. Pero o facemos cunha grande entrega e satisfacción, convencidos dos beneficios da práctica dun deporte
tan formativo e fundamental como é o atletismo e responsabilizados en ofrecer á nosa sociedade un deporte que sexa atractivo e útil. É tarefa de todos melloralo día a día.

Como Presidente da Federación Galega de Atletismo agradezo o voso apoio e colaboración.

Un afectuoso saúdo:

Isidoro Hornillos Baz

Damos a benvenida á WEB oficial da Federación Galega de Atletismo a todas aquelas persoas que nos visitan. Estamos traballando día a día para ofrecer unha información máis extensa
e puntual sobre todo o concernente ao atletismo
galego
. Nesta lexislatura modificouse o formato e estanse engadindo novos contidos á páxina coa intención de responder aos intereses de todos os estamentos do noso deporte:
atletas, clubes, adestradores e xuíces. Pero tamén ao atleta popular e afeccionado ao atletismo ou deporte en xeral que visita regular ou
puntualmente esta WEB.

O atletismo regulado en Galicia é un deporte practicado desde principios do século XIX. En 1913 xa se celebrou unha competición no Campo de Coia (Vigo) e en
1915 os denominados Xogos Olímpicos, nese mesmo recinto. No entanto, nun contexto máis popular, existen referencias constatadas da Corrida da
Hogaza
, ou carreira de 150 pasos practicada na romaría de San Roque, xa en 1840, cuxo gañador recibía un pan de 5 libras. Desde entón a práctica
atlética foi ampliándose pola xeografía autonómica e hoxe o tecido deportivo de moitos concellos galegos está enriquecido coa importante actividade que desenvolven os clubes de
atletismo
.

O encomiable esforzo que desde sempre realizaron os nosos atletas, adestradores, clubs e xuíces situaron ao atletismo galego en lugares de privilexio, non soamente no contexto
español senón tamén a nivel internacional. As dificultades non foron poucas e sortealas, como sucede na actualidade, implica un esforzo engadido que temos que
realizar todas as persoas que formamos parte da familia atlética de Galicia. Pero o facemos cunha grande entrega e satisfacción, convencidos dos beneficios da práctica dun deporte
tan formativo e fundamental como é o atletismo e responsabilizados en ofrecer á nosa sociedade un deporte que sexa atractivo e útil. É tarefa de todos melloralo día a día.

Como Presidente da Federación Galega de Atletismo agradezo o voso apoio e colaboración.

Un afectuoso saúdo:

Isidoro Hornillos Baz

federacion
Compartir