Na tarde do xoves disputouse nas pistas de Balaídos a I xornada da serie municipal, cunha boa acollida e numerosa participación de atletas de toda a
xeografía galega que prolongou a sesión ata a noite. Varias das marcas obtidas sitúanse ao máis alto nivel do ranking nacional.
Entre as diversas probas destacou unha vez máis o martelo masculino, que gañou Isaac Vicente (AD Marathon) con 68,74 metros, moi preto da súa marca galega de 69,04. O seu compañeiro de adestramento
e club, Pablo Denís, alcanzou os 62,30 metros, a pouco máis dun metro da mínima esixida para o europeo sub-23 a celebrar en Ostrava. Pola súa banda, o atleta veterano José M. Almudí superou a súa
propia marca galega de M-70 con 39,34m.
Entre as categorías menores, destacar a dous cadetes: en lonxitude feminina, Iria Forján (Barbanza) fixo unha marca de 5.35m cos que revalida a súa primeira posición no ranking nacional. Sergio
Paredes(At Cuntis) consolidou o seu segundo posto en lanzamento de martelo, que xa ostentaba con 59.56.
Carlos Porto realizou un bo rexistro en 1500m, 4.00.19, o terceiro mellor junior da tempada. Destacada tamén a actuación de Iria Rodríguez Hortas do At. Porriño, gañadora do 1000, e primeira da
lista nacional.
Na proba de cen metros, os máis rápidos foron Virginia Villar e Jean Marie Okutu. Emocionante final en 400m cos célticos Javier Álvarez e Miguel Gómez. A carreira feminina gañouna Jessica Rial, do
Barbanza.
Interesante duelo no 1500m feminino con Leticia Fernández (OAAP), Sandra Mosquera (CSC) e Paula Mariño (CAFC), con vitoria para a tudense do Academia Postal Resultados
Cronica: Flor Currás