Resultados

Gran éxito dos nosos máster no Campionato mundial de maratón

A capital rumana de Bucarest acollía o domingo a disputa do Campionato do Mundo máster de maratón que contou cunha destacadísima actuación galega.

O máis salientable foi sen lugar a dúbidas o título de campión mundial logrado por Jordi Carrasco quen se proclamaba gañador da categoría M50. O atleta do Club Deportivo Pinarium entraba na línea de meta na primeira posición logo de invertir un crono de 2h.33:23.

Se importante foi o título do de Moraña, non menos o foi o subcampionato do mundo M40 colleitado polo mahián Jorge Crespo do Atletismo SAR  ao rematar mítica distancia cun crono de 2h.27:21

Éxito por equipos

Nos resultados colectivos foron tamén determinantes as actuacións dos galegos quenes lograban o título mundial por equipos na M50 grazas as actuacións do propio gañador galego así como a dos atletas do ADAS CUPA  José Manuel García 9º , Manuel Enriquez 10º e José Carlos Ferreira 25º.

De igual modo na categoría M40 España lograba o subcampionato na que contibuiron decisivamente tanto  Manuel Sobral do Pinarium 15º como José Antonio Vázquez  do Trega quen chegaba no posto  21º

Compartir: