Resultados

Castellón déixanos seis metais do Sub20

Seis medallas, dez postos de finalistas e dous récords galegos, é o balance das atletas galegas e galegos que tomaron parte esta fin de semana no Campionato de España Sub20 desenvolto na localidade levantina de Castellón.

Meilán, Pereira e Salgado, trio de campioas

O máis destacado foron os tres títulos de campioas de España logradas por tres das nosas máis importantes Sub20 do momento. Aldara Meilán continúa a súa impresionante progresión que a sitúan como unha das grandes promesas da marcha internacional. A lucense lograba o campionato  de España estabrecendo ademáis un novo récord de Galicia Sub20 e Sub23 cun rexsitro de 22:19.07.

O segundo metal chegou do sector de combinadas na que unha sensacional Carlota Salgado lograba o seu maior éxito do momento logo de sumar un total de 4.939 puntos no concurso de probas combinadas. A pupila de David Gómez cimentaba o su título sobre o concurso de altura e dos 100 valos, dúas das suas probas fortes.

O terceiro ouro para os intereses galegos chegaba do círculo de martelo na que a ourensá Blanca Pereira confirmaba todos os prognósticos. A lanzadora internacional chagaba no segundo lanzamento ata os 56.98 m. que a distanciaban  máis de catro metros da segunda clasificada confirmando a súa gran superioridade nestes intres.

Sen abandoar os lanzamentos outro dos protagonistas foi o lanzador de peso da Lourenzá, e campión galego absoluto, Fernando Vallines. O lucense, nas ringleiras do At.Portugalete, mandaba a bola no seu quinto lanzamento ata os nada menos que 17.92 m. que representan un novo récord galego Sub20 e que o sitúan como subcampión de España, a tan só catro centímetros do título.

A Escola Atlética Lucense sumaba ó título de marcha ós bronces logrados por Sara Guedes na proba dos 3.000 obstáculos con 11:13.19 e de Xela Martínez nos 3.000 m. con 10:04.53 que pouco a pouco volve a atopar boas sensacións na competición. Con estes resultados a entidade lucense lograba o sexto posto no casillero por clubs dun total de sesenta e seis equipos participantes.

A maiores tamén compre salientar a cuarta posición lograda por Xoel Otero do Mazí no concurso de combinadas que lograba ademáis unha MMP de 6.368 puntos. Xunto el lograron postos de finalistas entre os oito primeros os atletas do Ourense Atletismo Manuela Blanco en pértega, Leyla Villar nos 1.500 m. e Hugo Fernández en martelo; Mauro Vázquez do Vila de Cangas nos 100 m.; Jorge Vázquez do Marineda nos 400 v.; Miguel Alvariño da Atlética Lucense nos 3.000 osbtáculos; Alicia Barreiro do Ría Ferrol nos 400 m; Lisa Vosberg do Celta Atletismo en pértega e a colombiana con ficha galega polo Lucus Caixa Rural Galega Dayanis Escorcia en xavelina.

Foto. Miguélez (RFEA)

 

Compartir: