Moaña conta por fin con instalacións adecuadas para a práctica do Atletismo,
cumprindo unha vella reivindicación do deporte local. O proxecto levouse a cabo con cargo ao Fondo estatal para o emprego e a sustentabilidade local. Esta nova pista está situada na Xunqueira, unha
zona escolar e deportiva, referente de lecer para todos os moañeses. A instalación (non homolagada para conpeticions oficiais) conta con 300m de corda, catro rúas, dous fosos de lonxitude e
tripla, colchón de salto de altura e pértega e círculo para lanzamento de peso na zona exterior. O espazo central está ocupado por oito rúas de 120m.
A inauguración oficial será este sábado 16 coa celebración da XXX edición da “Olimpíada de Moaña”, evento deportivo no que se espera a participación duns 300 nenos dos colexios moañeses, organizada
polo Concello de Moaña, o Club Atletismo Samertolameu e as ANPAS dos colexios