Despois da Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada o pasado domingo día 26 de setembro, na cal aprobouse o regulamento electoral da Federación Galega de Atletismo, que seguiu as directrices marcadas polo Real Decreto publicado pola Secretaría Xeral para o Deporte, recollendo a normativa que deben cumprir todalas federacións deportivas galegas, a FGA continua a facer os pasos establecidos por esta orde co fin de acollerse plenamente a este decreto. Establécese o 11 de outubro como data oficial para a convocatoria de eleccións á Presidencia, Comisión Delegada e Asemblea Xeral.