Resultados

A Delegación da FGA en Santiago renova parte do seu equipo humano

Para afrontar a nova tempada 2010/11 a Delegación de Santiago da Federación Galega de Atletismo presidida polo seu Presidente D. Iván Sanmartín Carreira incorporará a un novo secretario D. Vicente Manuel Sánchez López, Vicente toma así o cargo do anterior secretario Pedro J. Sánchez quen ten que renunciar o seu cargo por mor da falta de tempo. O cargo da Dirección Técnica pasará ás mans de Luis Miguel Lado, persoa moi vencellada ao atletismo, especialmente á organización e xestión de competicións, e o Delegado de Xuíces será Jesús María Silva. A FGA agradece enormemente todo o esforzo e bo traballo desenvolto por Pedro en pro do atletismo compostelano e desexa seguir contando cas súas aportacións esporádicas nos vindeiros anos.

Compartir: