En Pamplona disputouse este sábado e domingo o Campionato de España cadete de pista aire libre. Un nutrido grupo de atletas galegos viaxaron ata alí para intentar acadar un prezado metal. Novamente estes atletas cadetes demostraron o seu nivel acadado na tempada de pista cuberta conseguindo para Galicia novos éxitos. Salientar a brillante actuación da coruñesa Marta Lolo que se proclamou Campiona de España na proba de triple salto e bronce na proba de lonxitude. Tamén gran actuación de Patricia Carballo que se impoñía nos 100 m.l. á vez de facer nas eliminatorias un novo record galego cunha marca de 12:45. Houbo mais éxitos dos atletas galegos convertidos en medallas de bronce, así destacar a actuación de Ana Peleteiro, Raquel Villa e Sergio Paredes que acadaron o bronce nas probas de triple salto, lanzamento de peso e lanzamento de martelo, respectivamente. Asemade, houbo tamén cuartos postos e numerosos postos de finalistas dos nosos atletas. A actuación dos atletas do Club Atletismo Coruña Comarca elevaron por puntos a este club ata o posto número 11 dos mais de 100 clubes participantes neste campionato. Noraboa a todolos atletas participantes! (Resultados) (Foto cortesía Club Atletismo Coruña Comarca)