Resultados

Chega a pista cuberta e o resto de modalidades ao calendario

A Xunta de Galicia acaba de dar luz verde ao Protocolo Fisiocovid DXT Galego , polo que se establecen as medidas para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola Covid19 no ámbito do deporte Federado de Galicia

Con esta aprobación, establécese a normativa para que todas as modalidades e especialidades do programa atlético póidanse levar a cabo, garantendo as medidas de seguridade e protección necesarias para o seu cometido. Todo elo orixinará adaptacións no desenvolvemento da competición que afectará basicamente, e como xa vimos na pista ao aire libre, ao distanciamento e número de atletas, aforo limitado nas bancadas, emprego de máscaras, tránsito de usuarios… entre outras.

De igual modo o documento permitirá desenvolver e dar inicio a programación propia destas datas donde o campo a través e a pista cuberta centrarán boa parte da atención e que arrincarán xa esta fin de semana ca disputa na pista cuberta de Expourense da 4ª xornada da Copa Deputación. A maiores e para rematar este ano, celebraranse os Campionatos de Galicia Sub10 e Sub12 o día 19 e o de Clubs de Probas Combinadas os días 26 e 27.

Compartir: