Subvencións da Xunta á clubs suxeitas a emendas, inadmitidas e admitidas

De conformidade co disposto no artigo 4 das bases recollidas na Resolución do 16 de decembro de 2019, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de Galicia para o desenvolvemento de actividades deportivas, e tras seren recibidas as solicitudes nos correspondentes servizos provinciais de deportes e rematada a fase de revisión da documentación achegada e de comprobación do grao de cumprimento dos requisitos establecidos na dita resolución, a Subdirección Xeral de Plans e Programas, remitense as solicitudes que se deberán emendar, as solicitudes inadmitidas así como as listaxes de admitidas.

Os interesados poderán formular reclamacións e emendar erros e falta de documentación nun prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido este prazo sen que se emenden as deficiencias, considerarase que o interesado desiste da súa petición, de conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e logo da correspondente resolución, nos termos previstos no artigo 21 da dita lei.

DOGA luns 11 de maio

 

 

Compartir: