Esta fin de semana o Concello de A Rúa convertirase no epicentro de toda a actividadade de campo a través da nosa comunidade.
Nada menos que tres importantes citas serán as que no complexo de O Aguillón se desenvolvan neste domingo día 28 de xaneiro. Para comezar ás 10:30 horas darán comezo o XXII Memorial Alejandro Lorenzo – Campionato Galicia de Menores na que tomarán parte atletas das categorías sub-10 ata a sub-14 e que sobre distancias de que van dende os 800 m. ata os 2.500 m. terán competindo a un total de 426 atletas ata as 11:45 horas. Nesta competición poderemos presenciar entre outras, a participación na Sub-14 tanto de Carolina Santos do AVA como de Pepe Sánchez do Franciscanos de Lugo, gañadores o ano pasado das súas respectivas categorías.
Logo do remate desta importante primeiro evento, continuarase presenciando un bo espectáculo da man dos atletas que tomarán parte no Campionato de Galicia sub-16 e sub-18 na modalidade tanto individual como por equipos. Será precisamente nesta última categoría onde tomará parte o claro favorito ó titulo, o atleta do San Paio A Estrada El Medhi el Nabaoui quen competirá as 13:05 horas sobre un circuito de 5.000 m. Da mesma maneira Sara Lima da Atlética Lucense fará o propio as 12:40 sobre 4.000 m.
Continuando con presencia destacada, na sub-16 estarán na liña de saída tanto Pedro Vázquez do Real Club Celta como Noelia Sánchez do Atletismo Friol os cales a priori parten como favoritos na cita.
Por último sobre as 13:30 h. veremos o prato forte da xornada ca disputa do Campionato de Galicia de Cros Curto por Clubs e na que tanto a Sociedad Gimnástica, na categoría masculina, como o ADAS-Proinor na categoría feminina, defenden o título acadado o ano pasado. Xunto eles tanto Comesaña, como Atletismo Santiago e Atletismo Sar pelexarán por subir ao pódium como xa fixeran na última edición.