Resultados

Belén Toimil, protagonista dun sensacioal Campionato de Galicia Absoluto

Unha nova edición do Campionato de Galicia desenvolveríase onte na cidade do Lérez onde o millor atletismo autonómico presenciaríase en estado puro.

Dirixido polos mestres de cerimonia Felipe Barata e Gonzalo Méndez, as bancadas do CGTD vibrarían cas actuacións dos nosos atletas os cales farían vivir momentos estelares cargados de emoción e interés.

Arrancaría o campionato cos obstáculos e os trunfos de Diego Barreiro con 9.35.46 e Ana García con 11.13.48 quen se quitaba así a espiña do seu nacional de Granollers. Na Pértega domiño de Bea Viteri malia ós seus problemas físicos con 3.22 e na que nos homes Santi Ferrer cedería o título ante Miguel Cajaraville quen acabaría impoñéndose con 4.72 m. No concurso de Martelo interesantísimo duelo entre Nacho Fernández e o ourensán Carlos revuelta con trunfo final para o lanzador do Celta con 62.11. Nas muleres domiño claro de Patricia Correa quen lanzaría ata os 41.70m.

Os 5000 marcha deixaríanos excelentes rexistros cos internacionáis Fran Durán como domiñador masculino con 20.20.21 e Antia Chamosa con 23.39.14. A autoridade dos 400 valados correspondería de maneira clara tanto a Carlos Moro con 52.75 como a Claudia Rojo con 1.02.07, atleta esta última quen se imporía tamén nos 100 valados con 14.32 proclamándose como indiscutible domiñadora do sector galego. O trunfo masculino sobre os 110 m.v. sería para Iago Núñez con 15.19 cun Miguel Pérez que sería descalificado por saída nula.

Nos 800 m.l. Gonzalo Basconcelo baixando de distancia e nunha boa tempada para él, acabaría impoñéndose con 1.53.94 ó igual que faría a xoven promesa do medio fondo galego, Raquel Meaños con 2.13.87. Nos 1500 m.l. Leticia Fernández con 4.26.67 proclamaríase campiona autonómica ó igual que faría Adrián Lago con 4.02.14 na categoría masculina. Nos 5000 m. título para Manuel Hurtado que chegaría por diante de Rubén Diz, con 14.57.59 para o lucense. En mulleres claro trunfo para Esther Navarrete quen se proclamaría campiona galega con 17.17.10

No sector de velocidade produciráanse interesantes duelos. Nos 100 m.l. a xovencísima Nerea Iglesias sigue ampliando o seu domiño logo de que xa o fixera na pista cuberta, gañando aquí con 12.42, sendo o trunfo na nos homes para Javi Cancelas cuns fantásticos 10.72 e onde os tres primeiros estarían por baixo dos dez segundos. Os 200 m.l. daría un traballado trunfo de moitos anos a Sergio Rodríguez con outros non menos importantes 21.62 correspondendo a victoria feminina para Paula Iglesias quen se imporía con 25.05. Esta mesma atleta sería outra das protagonistas do campinato logo de ser quen de doblar a distancia e impoñerse nos 400 m.l. con 56.44 nunha emocioante loita ca lucense Paula Ferreiros segunda con 56.86. Nos homes Pedro Juncal con 50.14 colgaríase o ouro da distancia.

No concurso de altura trunfo nuns dias difíciles, de Dario Costas con 1.92 e na que a victoria feminina sería para Aloia Vilas con 1.56 quen se impoñía a internacional Eva Queimaño ca mesma altura. No corredor de xavalina a internacional Lidia Parada chegaría ata os 52.57 ocupando a olímpica en Atenas Felicia Moldovan o segundo lugar con 46.71. Nos homes o tamén internacional Manolo Uriz gañaría o seu concurso con 69.50 m. sendo o segundo posto para Borja Barbieto con 66.25. compitindo os dous baixo a atenta mirada do seu adestrador Raimundo Fernández,

En lonxitude Olaia Guisela segue sumando centímietros e trunfos no seu palmarés impoñéndose con 5.88 m. e na que o olimpico Jean Marie Okuto estivo intentando ata o último salto estar por riba dos oito metros, téndose que conformar cuns bos 7.81 m. O campión de España en Triple Salto, Alfonso Palomanes con 15.73 continúa un ano máis ó fronte do sector autonómico xunto a Rosa María Manzano, quen na categoría feminina, saltaba 11.61 m. no seu último intento. No concurso de disco homes proba de moitos quilates ca presenza destacada de Frank Casañas con cinco Xogos olímpicos as súas costas, o cal lanzaría ata os 59.41. Nesta mesmo concurso participaría tamén o triolímpico David Martínez Varela. Nas mulleres primeiro posto da gran protagonista do Campionato Belén Toimil quen merece un capítulo aparte.

A de Mugardos xa viña avisando e dando mostras do que podía acadar en Pontevedra diante dun público entregado e espectante dando comezo a súa participanción co lanzamento de disco na xornada da mañán onde se imporía con 44.16. Xa na tarde, e no círculo de peso comezaría o seu concurso con 16.93, novo récord galego absoluto que daría paso no seu segundo intento ó notición do dia, eses 17.38 m. que a convirten na primeira muller na historia do atletismo galego en rebasar os míticos 17 metros. A internacional de Mugardos ainda tería forzas para volver a superar os 17 metros no seu segundo intento con 17.17 m. nunha distancia na que chega para asentarse definitivamennte. Nos homes, o carismático e imaxe gráfica do campionato nesta edición, Victor Gallego suma e segue o seu longo domiño do sector incrementando un novo título autonómico con 15.99 m.

Ligazón

Compartir: