Resultados

Falece Jenaro Graña, ex-Secretario Xeral da F.G.A.

No dia de hoxe o que fora atleta, adestrador, directivo, Medalla de ouro e Secretario Xeral da F.G.A. (durante o periodo de Sergio Vázquez) asi como gran amante do atletismo, finaría rodeado dos seus, logo dunha longa enfermidade.

O seus retos están dende hoxe as 18.00 en Servisa (A Coruña) onde mañá luns, se lles oficiará misa solenme as 10.30 horas

A ausencia de Jenaro Graña vai deixar un vacío moi importante no mundo do atletismo galego tanto pola historia, da que xa forma parte, como pola súa bondade e calidade humana, recoñecida e respetada por todos

Dende esta Federación queremos amosar as nosas máis fondas condolencias a familiares e achegados así como transmitir un profundo recoñocemento, respeto e admiración ó seu innegable legado e entrañable figura.

Descansa en paz compañeiro

Lembranza de Sergio Vázquez

Compartir: