Non foi o dia para o noso representante Gustavo Nieves nos Xogos Paralímpicos de Río na proba de Marathon.
Malia estar a proba marcada polas altas temperaturas (30ºC) e a presencia dunha gran humidade (70%) o atleta galego sería quen de ir encabezando e domiñando a proba de maneira moi decidida ata o punto quilométrico trinta, momento no cal e sen apenas aviso -ao igual que acontecera ca tamén maratoniana lucense Alessandra Aguilar nos Xogos Olímpicos de Río- aconteceríalle unha merma repentina das súas facultades físicas que acabaría en desfalecemento.
Lembramos que con esta edición, son catro os Xogos Paralímpicos que ten este lucense afincado en Vigo. Rio sería o lugar escollido para tomar parte na maraton logo do seu paso tanto polos 5.000 m. coma polos 10.000 m. de edicións anteriores e nas que a piques estaría de subiar ao podium en ambas.