O Comité Galego de Xuices organizará este sábado 22 do Outubro o III Congreso Galego Técnico de Xuices de Atletismo a desenvolver na sala de Conferencias de A Fundación en Ourense.
Nesta nova edición trataranse aspectos tan interesantes para o colectivo coma os modos de actuacións en compiticóns, as novidades no regulamento da IAAF ou as casuísticas das compiticóns. Todos os contidos serán impartido por xuices galegos de recoñecido prestixio e experiencia, os cales a través das súas exposicións e os correspondentes debates e turnos de preguntas, completarán esta actividade técnica.
Lembramos que Galicia foi pioneira na eleboración destos congresos cuios resultados están a contribuir a unha maior formación e capacitación do colectivo de xuices.